jueves, 12 de noviembre de 2020

NOVIDADES EN BIBLIOSINDE

 O COLE NOS LIBROS


PARA ESTA NOVA NORMALIDADE


PÍDEOS EN BIBLIOSINDE!!!!

ATA PRONTO SUPERLECTOR


miércoles, 11 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES DE OUTUBRO

En Outubro abriuse a biblio e comezaron os empréstitos de Bibliosinde seguindo o protocolo.

Primeiras visitas para o empréstito seguindo sempre o protocolo.

 Contacontos na aula de 2º os xoves  na hora de ler.

Polo samaín os libros de bruxas, pantasmas e monstros achegáronse ás bibliotecas de aula.





martes, 20 de octubre de 2020

ACTIVIDADES DE SETEMBRO

Polo día da folga polo planeta o alumando de 1º plantou a Árbore do Amor, agasallo do CEIP A cruz de Budiño (Porriño), ademais de gardaron os seus desexos nas súas raíces.













XENIAL NENOS E NENAS. 

AGORA TEMOS QUE COIDALO.


APERTURA DE BIBLIOSINDE

O día 5 de Outubro deuse a benvida ao novos usuarios de Bibliosinde.

Tamén tivemos un pequeno agasallo co alumnado que participou durante todo o Pasapalabra do curso pasado e que seguiu participando e enviando as súas respostas durante o confinamento.

NORABOA !!!!

lunes, 5 de octubre de 2020

BENVID@S A BIBLIOSINDE

 

Xa estamos aquí de novo despois de tanto tempo sen cole. Este ano no cole.

hai moitos cambios e na biblioteca tamén polo que teremos  o acto de apertura de xeito virtual.

Fai clic AQUI

jueves, 4 de junio de 2020

ENQUISA DE FIN DE CURSO

Como cada ano, solicitamos a vosa axuda para mellorar BiblioSinde. 
Por favor, cubride a seguinte enquisa: 
Tedes ata o mércores 10 de xuño:

viernes, 29 de mayo de 2020

PECHAMOS BIBLIOSINDE

DAR AS GRAZAS A TOD@S AS PERSOAS
 (ALUMNOS FAMILIAS E PROFES) QUE FIXERON POSIBLE QUE BIBLIOSINDE ESTIVERA ABERTA, PROPONDO LECTURAS, ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DURANTE ESTE CURSO ESCOLAR E SOBRE TODO DURANTE ESTE TEMPO NO QUE NON PUIDEMOS ESTAR NO COLE. 



Non queremos deixar de animar a desfrutar dun bo libro e unha boa historia para este verán.



Tamén podemos escribir as nosas historias destas semanas ou do noso verán, aquí tedes como preparar o libro.
BO VERÁN E ATA SETEMBRO!!!!
SUPERLECTOR

jueves, 28 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS EN FAMILIA CON ALAN E JAVIER 5 ANOS

Máis familias animáronse a ler dende as súas casas. Nesta derraderia ocasión as familias de Alan e de Javier de 5 anos.
XENIAL!!!!

UURRRGGGG!!!


Proposta cos nosos xoguetes e o sol.
Que vos parece xogar cos xoguetes e as súas sombras?
Precisaremos: 
-un folio, 
-un lápis e cores, 
-os nosos xoguetes e un lugar onde poidamos xogar co sol.


miércoles, 27 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVO

Para rematar cos mércores creativos do curso, faremos uns barcos con materiais de refugallo para xogar na praia, na bañeira ou na piscina.

Despois de tanto tempo na casa imos darlle á creatividade, vai ser doado.





CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

LEMBRADE:ÚLTIMOS DÍAS PARA ENVIAR AS RESPOSTAS DO PASAPALABRA
Unha nova historia de PETE THE CAT

Agora un xogo para aprender vocabulario.
 🍅🍆🍇🍈🍉🍊🍋🍌🍍🍎🍏🍐🍑🍒🍓Have fun!
#EUQUEDONACASA


martes, 26 de mayo de 2020

CONTOS CONTADO EN FAMILIA CON ANDRÉ DE 5 ANOS

Igual cunha comida cando gusta vólvese comer, cando un libro gusta volvémolo ler. 
Nesta ocasión dende a casa de André "Sopa Verde".


MOI BEN LIDO ANDRÉ!!👏👏👏

E COMO TODO NON VAI A SER VERDE

PREPARAMOS UN BATIDO DE🍓🍓
#EUQUEDONACASA






lunes, 25 de mayo de 2020

PIMBOLA

Despois de facermos un Minigolf, estamos preparad@s para case calquera cousa! Por iso hoxe propoñémosvos un reto nivel PRO: facer unha máquina de “Pinball” ou unha Pímbola, vaia. Que non sabedes o que é? Seguro? Pois o que perdedes! Pero iso ten fácil solución, verdes este vídeo e poñervos ao choio! Agora, botamos unhas partidas?
#EUQUEDONACASA

O LIBRO DOS SOÑOS

AVISO IMPORTANTE: NESTA SEMANA TEDES QUE DEVOLVER OS LIBROS EMPRESTADOS DE BIBLIOSINDE E AS MOCHILAS VIAXEIRAS. PODEDES LEVALOS AO COLE NAS SEGUINTES DATAS: LUNS E MARTES:ED. INFANTIL MÉRCORES: 1º E 2º ED. PRIMARIA XOVES: 3º E 4º ED. PRIMARIA VENRES: 5º E 6º ED. PRIMARIA --xx-- Hai moitas, moitas cousas que podemos facer aínda sen podermos saír da casa. Unha delas é soñar e otra, ler. Van as dúas xuntas neste conto creado polo noso monitorado  para vós, para gozardes de Salón a salón.
#EUQUEDONACASA

viernes, 22 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS

Hoxe a profe Isa mergúllase no mar para contarnos...


Proposta de facer pexies coas mans.

Materiais

·       Botella de plástico transparente
·       Témperas ou Papeis de cores
·       Grampadora
·       Un par de ollos móbiles.
Pasos
1Corta a botella pola metade cunhas tesoiras. Como ves na imaxe, nun dos lados debes deixar un anaco sen recortar coa forma da cola do peixe.
2Con témperas de cores, pinta a parte interior da botella. Se non tedes temperas podedes enchelos de pelotiñas de papeis de cores.
3 Pega os dous ollos móbiles e xa tedes o voso peixe.

#EUQUEDONACASA



jueves, 21 de mayo de 2020

CONTOS DE GATOS

Queredes un conto de gatos?🐱🐱 A que si? Pois vai esta historia monicrequeira que nos achega Celtia Figueiras: Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar…


#EUQUEDONACASA

EXPERIMENTOS: TINTA INVISIBLE

Hoxe imos aprender a escribir mensaxes secretas con tinta invisible. Que como se fai? Moi fácil, só tedes que ver o vídeo e, como científic@s que sodes, experimentardes vós tamén!

#EUQUEDONACASA

miércoles, 20 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Agora que xa podemos saír un pouquiño de casa, temos que prepararnos e adestrar a fondo, non nos vaiamos lesionar! Propoñémosvos, para o tempo que pasemos na casa, facerdes un minigolf. A ver como tedes o “swing” …
#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe bolboretas e peixes de cores nos contos contados en inglés.




martes, 19 de mayo de 2020

BAILAMOS COA VACA MUXÍA

Facía algún tempo que non bailábamos, hoxe a banda de Uxía Lambona invítanos a mover ese corpo.🎶

#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN FAMILIA CON IKER, PAULA E LAIA DE 3 ANOS

Unha semana máis temos contos dende as casas. Nesta ocasión son os máis pequenos do noso cole.
IKER



PAULA



LAIA


NORABOA PEQUENOS LECTORES!!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

NO MERCADO IMOS CANTAR E NA COCIÑA IMOS CONTAR

Xa tedes a lista da compra? Pois imos ao mercado.


Dende a cociña non imos cociñar senón unha historia contar.
#EUQUEDONACASA


viernes, 15 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS

Un venres máis e una profe no contos contados. Nesta ocasión a profe Nair  pon a súa voz para "A SOPA VERDE".


GRAZAS PROFE NAIR!!!!

E despois de oír falar de comida, a quen lle apetece cociñar?
"NUGGETS DE VERDURAS"
Tomade nota dos ingredientes:
-1cenoria grande
-A metade dunha coliflor cocida.
-A metade dun brócoli cocido.
-1 dente de allo.
-1 ovo.
-sal e pementa.
-80 gra. de queixo relado.
-70 gra. de pan relado e un pouco máis para o empanado.
BO PROVEITO!!!

jueves, 14 de mayo de 2020

ROCKEANDO NA CASA


FAI TEMPO QUE NON CANTAMOS E BAILAMOS. POIS CHEGOU O MOMENTO.

#EUQUEDONACASA

EXPERIMENTOS NA COCIÑA

Boas, familias. A que nestas semanas pasamos moito máis tempo na cociña que antes? Pois ademais de para comer e cociñar, tamén podemos aproveitar para facermos experimentos científicos, coma o do “Ovo Saltarico” que hoxe nos propón a equipo de monitores do Salón Virtual. Vistes algunha vez un ovo chimpar (sen que rompa, claro)? Non? Pois… xa sabedes! 🥚🍳
#EUQUEDONACASA

miércoles, 13 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Seguro que neste tempo de estarmos na casa tivemos tempo de ordenar a nosa roupa, a que si? E a que tamén apareceron calcetíns vellos, gastados, furados ou desparellados? Se non atopamos ningún, na lavadora debe haber polo menos un par de ducias, falade con ela e que vos deixe algún dos que, por arte de maxia, fixo desaparecer, que estas lavadoras sonche moi cucas… Pois temos unha idea fantástica para darlle unha segunda vida a estes calcetíns. Tedes curiosidade? Pois mirade o vídeo da nosa Paca Pataca, a ver se vos inspira. E, de paso, dicir o nome de Paca Pataca seguido, moi rápido, sen ensarillar a lingua… A que custa? A que mola?


#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe mércores para os contos contados en inglés temos á nosa teacher Mariña con ELMER.

GRAZAS TEACHER!!!
Se queredes pintar a Elmer.🐘🖍


martes, 12 de mayo de 2020

CONTOS EN FAMILIA CON BRAIS DE 1º E AITOR DE 4º DE E.P.

Hoxe dende a casa, temos os contos en familia de dous irmáns, Brais de 1º e Aitor de 4º de Primaria.

BRAIS lenos un de piratas

                               AITOR lenos un de monstros

 


E despois do ratiño de ler temos unha proposta para facer cos irmás o en familia.
UN LAPISEIRO CASEIRO
#EUQUEDONACASA

lunes, 11 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS


Boas familias! que, xa gozastes do voso paseo de finde? Como foi a experiencia? Seguro que de maravilla! Deíxámosvos un conto moi especial, creado polo equipo de monitores do Salón do Libro, un conto de creación propia que seguro vos fará ter un sorriso… ou dous! Vai una semana máis … e outra menos!


#EUQEDONACASA

PASAPALABRA DENDE O SALÓN

Hoxe é luns e o nos pasapalabra do mar xa rematou, so falta que enviedes as vosas respostas a o correo bibliosinde@gmail.com
Para os que seguen querendo pasapalabras…. aquí tedes un para xogar dende o voso salón.Só tedes que pinchar noseguinte enlace e ser veloces nas vosas respotas. tedes 5 minutos⌛️😅AQUÍ
#EUQEDONACASA

viernes, 8 de mayo de 2020

MARCAPÁXINA PARA OS LIBROS FAVORITOS

Dende o Salón Virtual dannos unha proposta artística para facermos marcapáxinas para os nosos libros favoritos. Xa veredes que chulísimos lles quedaron! A idea é facermos nos as nosas propias propostas. Poden ser dos mesmos animais, doutros que nos gusten… o do que nos pete, que para iso somos artistas!

#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS

Hoxe temos nos contos contados á profe Mercedes con "Inés del revés"

GRAZAS PROFE POR ESTE BO RATO.

jueves, 7 de mayo de 2020

HUMOR EN 3D

Sabedes o que son os libros pop-up? A que molan unha chea? Pois que sorte temos no Salón Virtual, que Eva Agra nos amosa como facer un! Libros en 3D en papel pero con tecnoloxía dixital (de facer dos dedos claro ) Mirade que monstro tan monstruoso e tan simpático! Veñá, bulide!
#EUQUEDONACASA

MAXIA LITERARIA

Hoxe un espectáculo de maxia literaria cos nosos amigos de Magia en la Manga. Non puidemos velos en vivo, pero desde as súas casas tamén nos animan a corentena cuns trucos de maxia incribles! Que pasedes un bo día ben máxico, familias!

 VOS ATREVEDES CON ESTE TRUCO?
#EUQUEDONACASA

miércoles, 6 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVOS TROPECISTA

A creatividade e a fantasía son do que nos alimentados cada día. Se algo bo nos está a dar o peche nas casas é termos máis tempo para plasmar en papel, cartón ou no soporte que for, todo o que temos no maxín. As nosas monitorARTistas do salón propoñen, seguindo o fío do Circo, unha proposta plástica ben fermosa e divertida, para que vós a fagades ao voso xeito, por a arte é iso, plasmar a nosa propia forma de ver o mundo.


#EUQUEDONACASA



CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Mércores  novos contos en inglés.

RUN, RUN, RUN,

WHERE IS THE GREEN SHEEP?
 E PARA FACER A VOSA OVELLA
#EUQUEDONACASA


martes, 5 de mayo de 2020

CONTOS EN FAMILIA CON UXÍA DE 2º E ANTÍA DE 4º

Hoxe temos a sorte de poder compartir con todos vós dous contos contados por Uxía de 2º e Antía de 4º E.P. Animádevos a escoitalos que son moi interesantes!




CREAMOS O NOSO TARRO DA FELICIDADE❤👏🌈
PROPOSTA DE TRABALLO. CREAR UN TARRO OU CAIXA DA FELICIIDADE ONDE GARDAREMOS OS BOS MOMENTOS E RECORDOS DESTE TEMPO NA CASA. PODEN SER ESCRITAS OU DEBUXADAS. E CANDO TODO ISTO REMATE PODEREMOS LER CANDO ESTEMOS TRISTES.

#EUQUEDONACASA

lunes, 4 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS

Ola rapazada !
Lembrades a Paula Carballeira a autora de Bruxa e Familia e que ademáis nos visitara no cole?
Pois hoxe vai ser ela quen nos faga os contos contados de hoxe "O PEQUENO MORCEGO" e "UN MOUCHO ABURRIDO". Nós con tantos contos non nos aburrimos nadiña! (e aínda que nos aburramos un cacho, tampouco pasa nada!😜,-p)







#EUQUEDONACASA

PASAPALABRA DO MAR

E  por fin chegamos ás derradeiras pistas do noso Pasapalabra do mar.
A partires de hoxe  comezaremos a recoller as respostas a todas as pistas que fixemos dende o confinamento, podedes envialas ao noso correo bibliosinde@gmail.com e cando volvamos ao cole celebraremos todos xuntos a vosa participación e os acertos. 







GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR

VÉMONOS PRONTO EN BIBLIOSINDE!!!