viernes, 16 de diciembre de 2016

PREMIADO O PROXECTO DAS ESPIRAIS

O PROXECTO DE INVESTIGACIÓN FEITO POL@S ALUMN@S DE 1º DE PRIMARIA "AS ESPIRAIS NO UNIVERSO", BAIXO A COORDINACIÓN DE BIBLIOSINDE, FOI PREMIADO NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS.
Velaquí un cadro resume dos traballos seleccionados con acceso ás memorias de cada un dos proxectos






PARABÉNS!!!!
 Un saúdo Superlector.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

PRESENTACION DO LIBRO "PEDRO Y LOS IGUALENSES"



O CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda) convídalles á presentación do conto “Pedro y los Igualenses” (Ed. Bellaterra) escrito polo noso compañeiro Javier Constenla Ribadeo, con ilustracións de Núria Fortuny. É unha bonita historia sobre diversidade.

         O acto terá lugar o luns 19 de decembro de 2016, ás 17:30 horas en Bibliosinde (1º andar do colexio).

         Ao remate, o autor asinará exemplares aos asistentes que o desexen.

POSTAIS POLO NADAL

Xa está preto o Nadal e como cada ano dende Bibliosinde queremos que tod@s reciban unha postal.
Vémonos o día 20 para o intercambio de postais.
                                                                                                                           Un saúdo Superlector.

SECCIÓN TEMÁTICA

Na sección temática xa temos os libros expostos  para o inverno e o Nadal.


                                                                                                                             Un saúdo Superlector.

miércoles, 26 de octubre de 2016

SECCIÓN TEMÁTICA

Na sección temática da biblioteca xa podedes gozar das recomendacións de outono e samaín.

 Un saúdo Superlector.



lunes, 24 de octubre de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Hoxe, luns 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. 
   En Biblios¡nde, celebramos esta importante data o pasado venres, coa visita de Anxo Moure (que nos levou de viaxe cos seus contos polo río Miño). Despois comezaron a súa viaxe as Mochilas Viaxeiras. 
   Aquí vos deixo unhas fotos de tan importante acontecemento.


Para coñecer máis sobre Anxo Moure fai clic na foto.

Máis sobre Anxo Moure aquí
Un saúdo. Súperlector.

lunes, 10 de octubre de 2016

APERTURA BIBLIOSINDE

O pasado venres 30 de setembro abriu as portas Bibliosinde facendo entrega dos carnés aos novos alumnos/as e mestres/as do cole. Mirade que contentos/as quedaron!!!



Agora si, ¡¡xa todos podemos disfrutar de Bibliosinde!!

Un saúdo, Superlector.