(ALUMNOS FAMILIAS E PROFES) QUE FIXERON POSIBLE QUE BIBLIOSINDE ESTIVERA ABERTA, PROPONDO LECTURAS, ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DURANTE ESTE CURSO ESCOLAR E SOBRE TODO DURANTE ESTE TEMPO NO QUE NON PUIDEMOS ESTAR NO COLE.
Non queremos deixar de animar a desfrutar dun bo libro e unha boa historia para este verán.
Tamén podemos escribir as nosas historias destas semanas ou do noso verán, aquí tedes como preparar o libro.
Despois de facermos un Minigolf, estamos preparad@s para case calquera cousa! Por iso hoxe propoñémosvos un reto nivel PRO: facer unha máquina de “Pinball” ou unha Pímbola, vaia. Que non sabedes o que é? Seguro? Pois o que perdedes! Pero iso ten fácil solución, verdes este vídeo e poñervos ao choio! Agora, botamos unhas partidas?