Comezamos febreiro con experimentos do noso PDI
O día 11 foi o día da Muller na Ciencia en bibliosinde contamos cunha mesa temática con lecturas e actividades relacionadas
Sendo o día 14 o día do amor e da amizade, fixemos un acompañamento lector no que os máis maiores lle leron un conto ao máis cativos:
No Clube de Lectura de 3º de Primaria rematou o seu libro "Operación macarrón" cunha actvidade de ciencia e unha comida macarrónica.
Polo día de Rosalía de Castro tivemos lecturas e o alumnado de infantil traballou a súa vida e "O Moucho"
No hay comentarios:
Publicar un comentario