martes, 1 de abril de 2025

ACTIVIDADES MARZO

Este mes de marzo comezamos cunha visita especial en Radio Papaventos, o alumnado de 6º de Ed. Primaria entrevistou a Sara Torres, unha exalumna científica. Ademáis realizou un experimento cos nenos/as de 5º de Primaria.

Na semana da Prensa o alumnado de Primaria traballou co Xornal Papagaio e a Hemeroteca e Ed. Infantil realizou unha instalación con prensa.


O día 17 de marzo conmemórase o Día do Cómic e contamos cunha sección temática chea deles.


En relación ao PDI do centro, este mes conmemórase o día da auga, polo que os experimentos son con auga.



Polo día da Poesía, tivemos lecturas nas aulas e o alumnado de 3º de Primaria elaborou acrósticos.


O alumnado de 3º de Ed. de Primaria realizou un Escape Room para descubrir o novo libro do
clube de lectura. "Sigue la pista"

Cinemasinde tivo a súa segunda sesión, co visionado de "Vaiana 2" e "High School Musical"

ATA PRONTO!!!!

SUPERLECTOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario