viernes, 26 de septiembre de 2014

DEBUXA O TEU ALMORZO

 Debuxa o teu almorzo

En relación co proxecto que se vai traballar no PDI da biblioteca e coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e da actividade física, a Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” destinado a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria. Dende Bibliosinde convidamos aos nenos e nenas destas idades a que fagan un debuxo do seu almorzo!!!
Para máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo 
Un saúdo, Superlector.


jueves, 25 de septiembre de 2014

"MENTE SAN EN CORPO SAN"

Neste novo curso que acabamos de inaugurar, todo o traballo que imos realizar dende Bibliosinde e en colaboración co resto dos equipos de dinamización do centro, xirará ao redor do lema: "Mente san en corpo san". As investigacións, obradoiros, actividades de fomento da lectura,... versarán sobre a alimentación sa no primeiro trimestre, o deporte e o exercicio físico no segundo e sobre a danza e a música no terceiro trimestre .
Estade atentos ao apartado PDI (Proxecto Docimental Integrado) do blogue xa que nel colgaremos todo o que en Bibliosinde vaia acontecedo.

http://www.schoolvoorleiderschap.be/wp-content/uploads/2014/07/mens-sana-in-corpore-sano.png
Un saúdo, Superlector.

viernes, 19 de septiembre de 2014

RECORDANDO AS NORMAS DE USO...

Durante toda esta semana os diferentes ciclos do colexio pasaron por Bibliosinde para levar a cabo diferentes sesións de formación de usuarios. Non o esquezades, a biblioteca é de todos/as e para todos/as!!!. Debemos coidala e respectala.


Un saúdo, Superlector.

BIBLIOSINDE ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS

O pasado venres día 10 de setembro tivo lugar en Bibliosinde unha pequena cerimonia de inauguración do curso 2014-2015. Dende este luns toda a comunidade educativa ten a súa disposición a nosa biblioteca, no tempo do recreo e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas. Aquí tedes algunhas fotos do momento e da sinatura dun contrato de compromisos por parte de todo o alumnado.


                                                                                                 Un saúdo, Superlector.