martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos deixamos o enlace das actividade desenvoltas dende o concello polo día de Rosalía. Dende os colexios da Guarda acudimos á Praza do reloxo con caretas de Rosalía para ler un manifesto conxunto sobre a autora, recitar as súas poesías e cantar o seu poema máis coñecido "Adiós ríos, adiós fontes". Preme na foto.



Un saúdo, Superlector.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, martes 8 de marzo festexamos no centro o Día Internacional da muller coa exposición de murais sobre mulleres. Cada clase co seu titor/a escolleu unha muller importante galega para plasmar e plasmou os seus datos máis importantes nun mural. Mirade os resultados:























 






 


 Un saúdo, Superlector.




martes, 1 de marzo de 2016

ENTROIDO 2016

Como non podía ser de outro xeito, o entroido 2016 xira arredor do proxecto de centro: as espirais. A ver si adiviñades onde están as espirais de cada curso?

ENTROIDO 2016 - Kizoa Movie Maker
Un saúdo, Superlector.