e despois que vos parece
debuxar un gran corazón e enchelo dos nomes das persoas que temos nos nosos corazóns e que agora non os temos preto. #EUQUEDONACASA
Ola familias! Como o estades levando? Estades lendo moito? E xogando? Axudades na casa? Agardamos que si! Vedes moito a tele? Esperamos que non tanto… Hai unha chea de cousas para facer dentro de casa, por exemplo, facer algo de exercicio, para saírdes da corentena igual de áxiles… Pois xa sabedes, facede coma Orbil e poñédevos unha rutina de exercicios cada día (vale bailar, varrer, fregar, facer a cama, facer zumba…)#EuQuedoNaCasa
AGORA TÓCAVOS!!!!!
Chamade aos vosos pais, conectade a pantalla e… a bailar todos e todas xuntas.#euquedonacasa
Hoxe toca Karaoke. Que vos parece cantar para agradecer? Con Uxia Lambona e os oficios damos as gracias a todos e todas: doutoras, enfermeiros, celadoras, anestesistas, persoal de limpeza, caixeiros, tendeiras, panadeiras, mariñeiros, peixeiros, carniceiras,agricultoras, camioneiras, bombeiros, policias... por todo o que estades a facer.