Superlector convertiuse en "Supermeco" durante a semana do entroido. Foi o encargado de darnos as consignas para disfrazarnos durante a semana do entroido no colexio:
Luns:Para comezar a semana hoxe vimos en pixama.
Martes:De "pijos", lambidos e outras tribus, vimos o martes vestidos.
Mércores:Se o mércores ao cole queres vir de vello teraste que vestir.
Xoves: Vaia, vaia... hoxe vimos de praia.
E o venres tivo lugar o gran desfile de entroido, esta vez no pabillón do colexio por mor da choiva. Como non podía ser de outro xeito os disfraces escollidos estaban relacionados coa pirámide de alimentos xa que é o proxecto de centro que estamos traballando dende Bibliosinde.
Dende aquí podedes ver as fotos:
Fotos entroido
Un saúdo, Superlector.