viernes, 16 de diciembre de 2016

PREMIADO O PROXECTO DAS ESPIRAIS

O PROXECTO DE INVESTIGACIÓN FEITO POL@S ALUMN@S DE 1º DE PRIMARIA "AS ESPIRAIS NO UNIVERSO", BAIXO A COORDINACIÓN DE BIBLIOSINDE, FOI PREMIADO NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS.
Velaquí un cadro resume dos traballos seleccionados con acceso ás memorias de cada un dos proxectos






PARABÉNS!!!!
 Un saúdo Superlector.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

PRESENTACION DO LIBRO "PEDRO Y LOS IGUALENSES"



O CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda) convídalles á presentación do conto “Pedro y los Igualenses” (Ed. Bellaterra) escrito polo noso compañeiro Javier Constenla Ribadeo, con ilustracións de Núria Fortuny. É unha bonita historia sobre diversidade.

         O acto terá lugar o luns 19 de decembro de 2016, ás 17:30 horas en Bibliosinde (1º andar do colexio).

         Ao remate, o autor asinará exemplares aos asistentes que o desexen.

POSTAIS POLO NADAL

Xa está preto o Nadal e como cada ano dende Bibliosinde queremos que tod@s reciban unha postal.
Vémonos o día 20 para o intercambio de postais.
                                                                                                                           Un saúdo Superlector.

SECCIÓN TEMÁTICA

Na sección temática xa temos os libros expostos  para o inverno e o Nadal.


                                                                                                                             Un saúdo Superlector.

miércoles, 26 de octubre de 2016

SECCIÓN TEMÁTICA

Na sección temática da biblioteca xa podedes gozar das recomendacións de outono e samaín.

 Un saúdo Superlector.



lunes, 24 de octubre de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Hoxe, luns 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. 
   En Biblios¡nde, celebramos esta importante data o pasado venres, coa visita de Anxo Moure (que nos levou de viaxe cos seus contos polo río Miño). Despois comezaron a súa viaxe as Mochilas Viaxeiras. 
   Aquí vos deixo unhas fotos de tan importante acontecemento.


Para coñecer máis sobre Anxo Moure fai clic na foto.

Máis sobre Anxo Moure aquí
Un saúdo. Súperlector.

lunes, 10 de octubre de 2016

APERTURA BIBLIOSINDE

O pasado venres 30 de setembro abriu as portas Bibliosinde facendo entrega dos carnés aos novos alumnos/as e mestres/as do cole. Mirade que contentos/as quedaron!!!



Agora si, ¡¡xa todos podemos disfrutar de Bibliosinde!!

Un saúdo, Superlector.

lunes, 20 de junio de 2016

BIBLIOSINDE DESPÍDESE ATA O PRÓXIMO CURSO

Chegou Xuño e, con el, o peche de Bibliosinde. Esperamos que vos gustaran todas as actividades que fixemos durante o curso.

Moitas grazas a todos os usuarios e usuarias da biblioteca. Grazas por facer que os libros formen parte da vosa vida.

Aquí abaixo aparecen os nenos premiados por ser OS MÁIS LECTORES.





Espero vervos para o curso que vén con moitas gañas de ler e contar historias. Un abrazo moi grande meus amigos lectores.

Superlector

martes, 7 de junio de 2016

CERTAME DE FOTOGRAFÍA PARA AS FAMILIAS

Con motivo do PDI de centro de este ano : as espirais, o equipo de convivencia en colaboración con Bibliosinde, convocou un Certame de fotografía para as familias onde  nos tiñan que achegar fotos de espirais que atopasen ao ser arredor. 
Grazas a todos/as os que participástedes. 


Un saúdo, Superlector.

lunes, 6 de junio de 2016

VISITA LEDICIA COSTAS

Este venres, día 3 de xuño, tivemos a visita da autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta": LEDICIA COSTAS!

Pasámolo moi ben con ela falando sobre o libro. Despois da charla, fixemos as receitas que aparecen en "Escarlatina" e Ledicia firmounos o libro! Foi un día moi especial! 

Gracias Ledicia pola túa visita.

Superlector



lunes, 30 de mayo de 2016

COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO

Ola amigos!

Como xa vos anunciamos, no cole fixemos un mercadillo para intercambiar libros. Aquí tedes as fotografías deste día. Esperamos que para o ano que vén, volvades a participar!

Un saúdo, Superlector.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano para celebrar o día das letras galegas, o concello preparou unha actividade para todas escolas da vila: música galego-africano.

Queredes ver que ben o pasamos?

Un saúdo, Superlector.






miércoles, 20 de abril de 2016

COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO: DÍA DO LIBRO 2016

Queridos amigos/as!!! O vindeiro 23 de abril festéxase un ano máis o Día Internacional do Libro e para iso quero convidarvos a participar nunha actividade moi especial que xa levamos a cabo no cole. Trátase do “mercadillo” de libros e contos que de novo terá lugar baixo o lema:  COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO.
Durante toda a semana que vén (do 11 ao 15 de abril) poderás traer a Bibliosinde (na hora do recreo) un libro ou conto da túa casa e entregalo na zona de rexistro. A cambio, recibirás un ticket por cada exemplar que traias.
O “mercadillo” será durante a semana do 18 ao 22 de abril e poderedes intercambiar os vosos tickets polos libros e contos de outros compañeiros/as. 
Tede en conta que:
  • Podedes traer un máximo de 3 libros por alumno/a.
  • Os contos e os libros non se deben mercar, teñen que estar en bo estado e ser de temáticas axeitadas.
  • Tede en conta que os libros que traiades pasarán a ser doutros compañeiros e vos escolleredes entre toda a variedade aportada polos demáis.
·         O mercadillo será na biblioteca no seguinte horario:

DÍA
CURSOS
MESTRA EQ. BIBLIO
HORA DE LER DÍA 20/04/2016
4º-5º-6º
Mercedes /Lucía
HORA DE LER DÍA 21/04/2016
INFANTIL
Isa M./Lucía
HORA DE LER DÍA 22/04/2016
1º-2º-3º
Mercedes/Bea

Un saúdo, Superlector.

TROBADORES POLA RÚA

Con motivo do Día mundial da poesía, o 21 de marzo, programouse dende Bibliosinde a actividade "Trobadores pola rúa". Cada curso tiña que preparar poesías para recitar, cantar ou dramatizar en diferentes lugares da nosa vila. A actividade programada para o 18 de marzo foi posposta ata o día 25 polo mal tempo pero o seu resultado foi xenial!








 

 

 

 

Un saúdo, Superlector.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos deixamos o enlace das actividade desenvoltas dende o concello polo día de Rosalía. Dende os colexios da Guarda acudimos á Praza do reloxo con caretas de Rosalía para ler un manifesto conxunto sobre a autora, recitar as súas poesías e cantar o seu poema máis coñecido "Adiós ríos, adiós fontes". Preme na foto.



Un saúdo, Superlector.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, martes 8 de marzo festexamos no centro o Día Internacional da muller coa exposición de murais sobre mulleres. Cada clase co seu titor/a escolleu unha muller importante galega para plasmar e plasmou os seus datos máis importantes nun mural. Mirade os resultados:























 






 


 Un saúdo, Superlector.