AS FAMILIAS DE 6º DE INFANTIL EXPLICAN AS SÚAS PROFESIÓNS
Dentro do marco do PDI de centro, as familias de Ed. infantil foron convidadas a participar no proxecto a través de diferentes propostas. Unha delas era vir ao colexio a explicar as súas profesións relacionadas cos alimentos: carniceira, peixeira, panadeira, operario dun matadeiro,...
Moitas grazas a todos/as.
AULA VIRTUAL-SINDE
En colaboración co eq de TICs do centro abriuse una apartado sobre alimentación na aula virtual do colexio para servir de apoio aos PDIs de Bibliosinde e a outras actividades que se desenvolvan nas aulas. Preme no enlace para accseder a ela.
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: O PAN
Mostramos o traballo feito polos alumnos/as de 2º e 4º de primaria. Os dous cursos investigaron sobre pan, partindo dos cereais co que se fai, o proceso de transformación dos mesmos e a elaboración do pan.
Aquí están buscando información nos libros e facendo murais cunha choiva de ideas sobre o tema:
Estas son as fichas que debían cubrir a nivel individual coa información atopada nos libros da zona de consulta:
E o mellor de todo: facendo o pan! Estaba boísimo!.
Grazas a todos/as, traballástedes fenomenal!
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 1º DE PRIMARIA
O proxecto do alumnado do 1º curso de primaria trata sobre unha das enfermidades máis comúns relaciondas coa alimentación: AS CARIES. O tema xurde a partir do conto: "Manuela, !qué muela!" de Silvia Filiau que nos fala das caries, dos dentes, da importancia da hixiene bucal e da boa alimentación.
A partir do conto, fixemos un esquema das cousas que nos gustaría saber e investigar:
E o Eq. da biblioteca preparou unhas fichas de cada apartado que completamos buscando información nos libros da zona de consulta.
Aquí as tedes completas:
Para clausurar o proxecto, cada grupo espuxo aos demáis todo o que aprenderon:
Gracias rapaces e rapazas, bo traballo!
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 6º DE PRIMARIA
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 6º DE PRIMARIA
Xa remataron en Bibliosinde os primeiros proxectos de investigación sobre: "Vida san, en corpo san". Nesta ocasión os alumnos/as de 6º de primaria aprenderon sobre a importancia dunha alimentación rica e variada e investigaron sobre os grupos de alimentos da pirámide. A continuación mostramos o material utilizado en colaboración coa Fundación Eroski e a súa inicitaiva: "Escuela de alimentación".
Tras os cuestionarios e as reflexións o grupo divídese por parellas para a búsqueda de información sobre o grupo de alimentos asignado e poder completar as plantillas facilitadas polo eq. de biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos.
Despois propuxemos as distintas parellas que preparasen de xeito libre una exposición sobre todo o aprendido para trasmitirllela aos seus compañeiros/as. Algúns con cartolinas e outros co Power Point, este foi o resultado:
LIBRO VIAXEIRO: RECEITAS DIVERTIDAS
Preséntovos o libro viaxeiro que as familias dos nenos e nenas de 5 anos fixeron sobre a alimentación. Titulado: Receitas divertidas, recolle unha morea de receitas que as crianzas fixeron nas súas casas e que presentaron aos seus compañeiros/as na aula. Todas teñen moi boa pinta, anímate a facelas ti mesmo!
O MAL DE PAPA NOEL
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria representaron unha divertidísima obra de Nadal na que Papa Noel tiña sobrepeso! Nada que non se poidera solucionar cunha dieta equilibrada e un pouco de exercicio. Fantástico traballo!
VISITA DOS MÁIS PEQUENOS Á ROSALEIRA E Á QUINTA DOS LIBROS
O pasado luns, os máis cativos do colexio tiveron unha excursión moi especial...En relación a temática da alimentación que se está traballando en todo o centro visitaron a fábrica de conservas A Rosaleira onde puideron observar e experimentar de primeira mán o proceso de tratamento e transformación dos alimentos.
Ao rematar, dirixíronse ao CPI Manuel Suárez Marquier onde os estaban agardando na Quinta dos libros para unha sesión de contacontos.
Queremos agradecer ao Eq. directivo e ao Eq. da biblioteca a súa hospitalidade. Esperamos vervos cedo por Bibliosinde.
E TI QUE ALMORZAS? Xa rematou a súa viaxe o primeiro libro viaxeiro sobre alimentación, elaborado polas familias do 5º curso de Ed. Infantil. Ademais de ser unha actividade que promove o traballo cooperativo no seo da familia, na aula permite a reflexión e o diálogo sobre a importancia dun almorzo equilibrado e variado.
Moitas grazas a todos/as.
PDI: Festas gastronómicas do noso pobo O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa biblioteca do centro propuxeron aos diferentes cursos que investigasen sobre as festas gastronómicas máis populares de A Guarda para despois transmitirlle ao resto dos seus compañeiros/as todo o que aprenderon.
A distribución foi a seguinte:
Ed. Infantil: a Festa la langosta.
1º e 2º de primaria: Festa da zorza.
3º e 4º de primaria: Festa do peixe espada.
5º e 6 de primaria: A laconada.
Podedes botarlle un vistazo a algunha das súas presentacións a continuación:
POLO SAMAÍN, RIMANDO SIN FIN...
Os nenos e nenas de 6º de infantil disfrazados de bruxos/as, xogaron a facer rimas coa temática da alimentación.
PDI: A nosa amiga a castaña Dende Bibliosinde propúxoselle aos alumnos/as de 6º de primaria que fixeran unha pequena investigación sobre a castaña, o castiñeiro e o Magosto para facerlles una exposición ao resto do alumnado con motivo da festa do Magosto que se celebrou no colexio o pasado vernes 7 de novembro. Aquí tedes algunhas fotos da presentación e o powerpoint resultado do seu traballo. Moitísimas grazas a todos/as.
REMATAN OS ALMORZOS SAUDABLES EN BIBLIOSINDE...
Gran
éxito dos almorzos saudables promovidos pola biblioteca do colexio.
Superlector e o Equipo de Biblioteca queren agradecer ao persoal do
Sergas, mestres colaboradores e a todo o alumnado a vosa colaboración.
Esperamos que poidamos repetir a experiencia en máis ocasións e sobre
todo, que se creen bos hábitos alimenticios e de hixene!!!
MIRADE OS VÍDEOS NO SEGUINTE ENLACE:
COMER BEN, É SAÚDE
Visita o noso PDI, atoparás libros e contos sobre a alimentación, enfermidades derivadas e o corpo.
Nun dubides en levar calquera exemplar para casa co teu carnet.
XA ESTÁN EN MARCHA OS PRIMEIROS LIBROS VIAXEIROS SOBRE ALIMENTACIÓN
Impulsados dende Bibliosinde e coa colaboración das mestras de Ed. Infantil, póñense en marcha os primeiros libros viaxeiros sobre a alimentación.
E ti que almorzas?: dirixido para as familias de 5º de Ed. Infantil. Nel teñen que plasmar os almorzos de toda a familia para que o chegar ao colexio llo amosen aos seus compañeiros. A finalidade é provocar un diálogo de reflexión sobre os alimentos que inxerimos diariamente, a súa calidade, equilibrio e variedade.
Receitas divertidas: visitas as casas de 6º de Ed. infantil. Nesta ocasión os máis cativos deben elaborar unha receita divertida coa axuda das súas familias y que plasmarán na súa páxina mediante fotos, debuxos e comentarios.
Estade atentos que cando os libros estean completos colgaremos os resultados no blogue.
ALMORZOS SAUDABLES NO SINDE
O próximo mércores, en conmemoración do Día da alimentación, póñense en marcha por primeira vez os "Almorzos saudables" no Sinde. Terán lugar en 4 sesións: xoves 16 para 5º e 6º de primaria, venres 15 para 3º e 4º, luns 20 para o alumnado de Ed. Infantil e o martes 21 para primeiro e segundo de primaria.
O almorzo de tipo mixto (iogur natural, froita, queixo, fiame ou xamón, pan fresco, mel e froitos secos) será acompañado por unha charla impartida por un técnico en sanidade na que se instrúe aos alumnos/as de cal é a hora apropiada para realizar a primeira comida do día, cales os distintos alimentos que deben e non deben consumir así como os que deben evitar comer con asiduidade, ata os compoñentes de cada alimento e as súas cualidades e funcións dentro do organismo, para rematar co cepillado dos dentes.
Ao final da charla se lles pasa ao alumnado unha guía animada na que aparece un neno/a que non se alimentou ben e as súas consecuencias.
En relación co proxecto que se vai traballar no PDI da biblioteca e coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e da actividade física, a Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” destinado a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria. Dende Bibliosinde convidamos aos nenos e nenas destas idades a que fagan un debuxo do seu almorzo!!!
Para máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo
"Mente san en corpo san"
Neste novo curso que acabamos de inaugurar, todo o traballo que imos realizar dende Bibliosinde e en colaboración co resto dos equipos de dinamización do centro, xirará ao redor do lema: "Mente san en corpo san". As investigacións, obradoiros, actividades de fomento da lectura,... versarán sobre a alimentación sa no primeiro trimeste, o deporte e o exercicio físico no segundo e sobre a danza e a música no terceiro trimestre .
Estade atentos a este apartado do blogue xa que nel colgaremos todo o que en Bibliosinde vaia acontecedo en relación ao PDI (Proxecto Docimental Integrado).
No hay comentarios:
Publicar un comentario