Queridos amigos/as!!! O vindeiro 23 de abril festéxase un ano máis o Día
Internacional do Libro e para iso quero convidarvos a participar nunha
actividade moi especial que xa levamos a cabo no cole. Trátase do “mercadillo”
de libros e contos que de novo terá lugar baixo o lema: COMPARTE
OS TEUS LIBROS CO MUNDO.
Durante toda a semana que vén (do 11 ao 15 de abril) poderás traer a
Bibliosinde (na hora do recreo) un libro ou conto da túa casa e entregalo na zona
de rexistro. A cambio, recibirás
un ticket por cada exemplar que traias.
O “mercadillo” será durante a semana do 18 ao 22 de abril e poderedes
intercambiar os vosos tickets polos libros e contos de outros compañeiros/as.
Tede en conta que:
- Podedes traer un máximo de 3 libros por alumno/a.
- Os contos e os libros non se deben mercar, teñen que estar en bo
estado e ser de temáticas axeitadas.
- Tede en conta que os libros que
traiades pasarán a ser doutros compañeiros e vos escolleredes entre toda a
variedade aportada polos demáis.
·
O mercadillo será na biblioteca no seguinte horario:
DÍA
|
CURSOS
|
MESTRA
EQ. BIBLIO
|
|
HORA
DE LER DÍA 20/04/2016
|
4º-5º-6º
|
Mercedes
/Lucía
|
|
HORA
DE LER DÍA 21/04/2016
|
INFANTIL
|
Isa
M./Lucía
|
|
HORA
DE LER DÍA 22/04/2016
|
1º-2º-3º
|
Mercedes/Bea
|
Un saúdo, Superlector.