miércoles, 28 de febrero de 2018

NOVIDADES PARA PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES


Bo día de novo, Superlectores!
Hoxe tráiovos unha nova que vos vai a poñer moi ledos: PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES tendes uunha morea de novas lecturas esperándovos na sección temática da Bibliosinde.



A disfrutar lendo!
Un saúdo, Superlector!

viernes, 23 de febrero de 2018

SUPERINVESTIGADORES DE 1º DE PRIMARIA

Ola a todos e todas de novo!
Este curso estou tendo un montón de visitas con motivo das vosas investigacións.
Neste caso foron os nenos e nenas de 1º de Primaria os que tiveron que atopar uns libros moi interesantes sobre "a auga" para poder facer os seus traballos, e o fixeron moi ben!

Despois de explicarlles a súa mestra Isa a importancia do tejuelo (etiqueta) que hai no canto de tódolos libros de Bibliosinde, estes, organizados por equipos e cunha pouquiña de axuda, atoparon os seus libros e deseguido puxéronse mans á obra!






Foi unha delicia observar como se repartían as tarefas, como ían aprendendo desta primeira experiencia, como, con ou sen axuda, solucionaron os pequenos conflitos que ían xurdindo...
Todos e todas quedaron con moitas gañas de volver a visitarme para facer este tipo de actividades!



Un saúdo, Superlector!




miércoles, 21 de febrero de 2018

SEMANA POR ROSALÍA

Ola de novo superlectores!
En Bibliosinde estamos que non paramos...
Como xa saberedes, do luns 19 ó sábado 24 de febreiro conmemoramos en A Guarda a "semana por Rosalía" e os nenos e nenas 5º e 6º de Eduación Infantil, máis os de 1º e 2º de Primaria participaron, baixo o título "Que che inspira?" aportando os seus debuxos sobre fragmentos de Rosalía de Castro.
Estes traballos xa están expostos en comercios, praza de Abastos, Concello e Centro Cultural de A Guarda.





Seguro que é do voso agrado, como do meu, mirar un anaquiño de vós repartido pola nosa vila!


Sempre connosco, Rosalía!
Ata a próxima superlectores.

martes, 20 de febrero de 2018

DÍA DO CANCRO INFANTIL

Ola superlectores!
O pasado venres 15 de febreiro celebrouse o Día Internacional do Cancro Infantil: día que ten como obxectivos sensibilizar e concienciar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, as nenas, e adolescentes e as súas familias; así como da necesidade de que a infancia en calquer lugar do mundo teña acceso a un diagnóstico e tratamento precisos e a tempo!



O Sinde, coma outros moitísimos centros de toda España, colaborou  coa asociación Bicos de Papel, unha asociación que ten a razón de ser na axuda prestada aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro: entre todos representamos o gran lazo dourado que representa ao Cancro Infantil.



E as nosas compañeiras de sexto, Esther, Tania e Claudia leron ante a atenta mirada de alumnos e mestres un  manifesto moi emotivo, pechado cunha
sinxela mensaxe: PORQUE XUNTOS SUMANOS!






















Un saúdo, Superlector!

miércoles, 7 de febrero de 2018

INVESTIGANDO EN BIBLIOSINDE

Ola Superlectores! Como vos dixen hai uns días, o pasado 30 de xaneiro festexamos o Día da Paz, e entre os traballos que se fixeron no noso cole, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron visitando a Bibliosinde para facer uns traballos de investigación sobre personalidades moi importantes relacionadas co tema.

Ao finalizar, expuxeron os seus traballos en forma de carteis, que os podedes mirar polos corredores do cole, e así saber algo máis sobre Teresa de Calcuta, Gandhi, Malala, Ana Frank, Nelson Mandela e Martin Luther King!
























Encantoume servos de gran axuda nas vosas investigacións, nenos e nenas !
Un saúdo, Superlector!

viernes, 2 de febrero de 2018

EMOTICÓNATE NO ENTRODIO


O ENTROIDO CHEGA AO SINDE . 
EIQUÍ VOS DEIXO OS MANDADIÑOS PARA A VINDEIRA SEMANA.

Un saúdo Superlector