lunes, 3 de diciembre de 2018

SECCION TEMÁTICA DE INVERNO E NADAL

Ola lectores!

Estreamos sección temática con libros adicados ao Inverno e o Nadal, en galego, castelán e inglés. 


  
Busca o copo de neve

U n saúdo Superlector.     

martes, 6 de noviembre de 2018

NOVIDADES EN DVD

Xa temos as primeiras novidades en Dvd acabadas de chegar a Bibliosinde. 
Pasade o venres a por un bo cine de fin de semana con chuvia.


Un saúdo Superlector.

lunes, 5 de noviembre de 2018

O DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES

EN BIBLIOSINDE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES CON VARIAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA:
SABELA  GAGO PRESENTOU O CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL , 1º E 2º DE PRIMARIA.    "MARTÍN E O LÁPIZ MÁXICO"


PARA OS MAÍS MAIORES SABELA PRESENTOU O CONTACONTOS
 "A GALIÑA MÁIS FERMOSA DO GALIÑEIRO" 




E COMEZARON  A SÚA VIAXE AS MOCHILAS VIAXEIRAS DESTE CURSO.

 
 
BOAS LECTURAS VIAXEIRAS

GRAZAS SABELA!!! E ATA PRONTO
 
   Un saúdo Superlector.         













lunes, 22 de octubre de 2018

BENVID@S ALUM@S DE 3 ANOS A BIBLIOSINDE

En Bibliosinde tivemos a visita do novo alumnado de 3 anos.
Coñeceron a Superlector a nosa mascota, buscaron o seu carné e rematamos cun ratiño de ler moi especial.



 



BENVIDOS NENOS E NENAS. ESPÉROVOS EN BIBLIOSINDE.!!

Un saúdo Superlector.

FORMACIÓN DE USUARIOS

Como cada ano  as aulas viñeron na cadansúa hora de biblioteca a hacer a súa formación de usuarios. Xa que non ben mal lembrar as normas de Bibliosinde e que se pode facer neste espazo.

Ed. Infantil

Ed. Primaria

Un sáudo Superlector.

miércoles, 10 de octubre de 2018

SECCIÓN TEMÁTICA

Comezamos as seccións temáticas deste  curso coa de outono, alí atoparedes libros de lectura e de información tanto en lingua galega, castelá e inglés. Espero que vos axuden no proxecto TERRA VITA.

 


 

 Un saúdo Superlector.

FORMACIÓN DE AXUDANTES

DURANTE OS PATIOS TIVEMOS A FORMACIÓN DE AXUDANTES DE 5º E 6ª.
RECORDAMOS AS SÚAS FUNCIÓNS E FIXEMOS PRÁCTICAS NA ORGANIZACIÓN DOS LIBROS , NO SERVIZO DO PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN NO MEIGA.




UN SAÚDO SUPERLECTOR.

APERTURA DE BIBLIOSINDE

O DIA 1 DE OUTUBRO XA CHEGOU E CELEBRAMOS A APERTURA DE BILIOSINDE .
DEMOS A BENVIDA A OS NOVOS ALUMNOS E PROFES  A BIBLIOSINDE COA ENTREGA DOS SEUS CARNÉS.

TAMÉN PRESENTAMOS A OS NOVOS AXUDANTES DE 5º E 6º QUE NOS VAN A AXUDAR NAS HORAS DE RECREO NA BIBLIOTECA.

A CONTINUACIÓN OS ENCARGADOS DE AULA RECOLLERON OS CONTRATOS DE COMPROMISO  DE BIBLIOSINDE, QUE DEBERÁN ENTREGAR ASINADOS O DÍA DA SÚA FORMACIÓN.


 BENVIDOA A TOD@S A UN ANO MÁIS A BILISINDE.

UN SAÚDO SUPERLECTOR.

lunes, 4 de junio de 2018

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

O día 1 de xuño pasámolo moi entretido con Paula Carballeira a autora do libro "Bruxa e familia" que leron os alumnos de 3º e 4º de Primaria no clube de lectura.
Grazas Paula!!










Un saúdo Superlector

PECHE DE BIBLIOSINDE

Chegou o peche de Bibliosinde ata o vindeiro curso.
Como cada ano dámoslle as grazas a todos os usuarios da biblioteca e a os colaboradores de 6º cun pequeno agasallo pola súa colaboración con nós.







GRAZAS!!!!!


Ademáis, gustaríame pechar este curso escolar cunha carta moi especial que escribiu unha superlectora de sexto de primaria á revista Fala o Sinde.





UN SAÚDO, SUPERLECTOR

martes, 22 de mayo de 2018

PESCA UN LIBRO NAS LETRAS GALEGAS

Ola superlectores!
Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas  festexamos no Sinde a actividade chamada "PESCA UN LIBRO!", coa que eu e o Equipo de Biblioteca  quixemos agasallar ás familias do cole cun lirbo.
Por mor da choiva non puidemos facelo ata o onte, luns 21 de maio, cando as familias atoparon no patio unha exposicón de libros de escritores galegos relevantes para que escolleran un e o levaran para as súas casas, e deste xeito poder disfrutar todos xuntos da nosa literatura.






Ademáis, aqueles Superlectores cuias familias non puideron vir á pesca a primeira hora, baixaron coas súas titoras a facer eles mesmos a pesca.



Un saúdo, Superlector!

viernes, 4 de mayo de 2018

SECCIÓN TEMÁTICA "EN GALEGO"

NO MES DAS LETRAS E DA MAN DOS BOLECHAS QUEREMOS ACHEGARVOS  OS ESCRITORES GALEG@S ASÍ COMA OS PRIMERIOS LIBROS EN GALEGO PARA OS PRELECTORES DE BIBLIOSINDE.



UN SAÚDO SUPERLECTOR

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO E 2º APADRIÑAMENTO LECTOR

Ola Superlectores!
Onte, día 23 de abril, Día do Libro, festexámolo no Sinde facendo o segundo apadriñamento lector na hora de ler. Os  nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria contaron un conto aos nenos e nenas de infantil , 1º e 2º de Primaria. E esta vez, foron os afillados quenes agasaiaron aos seus padriños e madriñas co marcapáxinas personalizado.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Tivemos un día moi soleado para poder disfrutar das lecturas ao aire libre!

Un saúdo, Superlector!