Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas festexamos no Sinde a actividade chamada "PESCA UN LIBRO!", coa que eu e o Equipo de Biblioteca quixemos agasallar ás familias do cole cun lirbo.
Por mor da choiva non puidemos facelo ata o onte, luns 21 de maio, cando as familias atoparon no patio unha exposicón de libros de escritores galegos relevantes para que escolleran un e o levaran para as súas casas, e deste xeito poder disfrutar todos xuntos da nosa literatura.
Ademáis, aqueles Superlectores cuias familias non puideron vir á pesca a primeira hora, baixaron coas súas titoras a facer eles mesmos a pesca.
Un saúdo, Superlector!