lunes, 21 de diciembre de 2020

ACTIVIDADES DE DECEMBRO

 DIA DA DISCAPACIDADE 

-CREACIÓN DUN VÍDEO  MOSTRANDO AS CAPACIDADES DO NOSO ALUMNADO ONDE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E DO.

-4º PRI. FIXO VIDEOCHAMADA E KAHOOT CON CENTRO SAN XEROME.  


-LECTURAS PARA TRABALLAR NAS AULAS O DÍA DOS DEREITOS.


-CHEGARON OS XOGOS DE MESA NOS PATIOS DE CHUVIA.



-SECCIÓN TEMÁTICA "CONTOS PARA O FRÍO"


-HORA DE LER E XOGOS DE INVERNO / NADAL EN ED. INFANTIL.










ACTIVIDADES DO PROXECTO

-SECCIÓN  TEMÁTICA   "A HORTA".

 

-SAIDAS DE 5 E 6º NO TRAMO DO CAMIÑO POLA COSTA


 -RETOS CONSEGUIDOS  E SELADO NA CREDENCIAL DE 2º.


 

SEGUIREMOS TRABALLANDO NO VINDEIRO ANO...2021

SUPERLECTOR

viernes, 27 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

 SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS.

 O equipo da Biblio formou ao alumnado de primaria e ás titoras no catálogo virtual de Bibliosinde. Ademais lembrouse o uso xeral da biblio e o seu protocolo. Para rematar debuxaron como é Bibliosinde.

🔎FORMACIÓN NO CATÁLOGO VIRTUAL

 

 

 

 

 

Formación de usuarios en Ed. Infantil. Lembramos que se pode facer na biblioteca coa axuda do libro Nicolás va a la biblioteca. 

Despois colorearon a Superlector.


Primeiras actividades do PDI "O SINDE NO BO CAMIÑO"

*Deseño e creación dun selo para a nosa Credencial. Coas actividades do proxecto consegues  completala.


 *Dende as aulas fixeron entrevistas virtuais a coñecid@s que fixeran o  Camiño e comparten a súa experiencia.

*Saídas nun tramo do Camiño de Santiago pola costa en outono.


🌿Para coñecer a súa visita 

LECTURAS PARA TRABALLAR O DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO.



E para rematar o mes felicitar  o finalista  no concurso de debuxa o teu monstruo de "Agus y los monstruos".

NORABOA VÍCTOR MORAIS 


 

jueves, 12 de noviembre de 2020

NOVIDADES EN BIBLIOSINDE

 O COLE NOS LIBROS


PARA ESTA NOVA NORMALIDADE


PÍDEOS EN BIBLIOSINDE!!!!

ATA PRONTO SUPERLECTOR


miércoles, 11 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES DE OUTUBRO

En Outubro abriuse a biblio e comezaron os empréstitos de Bibliosinde seguindo o protocolo.

Primeiras visitas para o empréstito seguindo sempre o protocolo.

 Contacontos na aula de 2º os xoves  na hora de ler.

Polo samaín os libros de bruxas, pantasmas e monstros achegáronse ás bibliotecas de aula.





martes, 20 de octubre de 2020

ACTIVIDADES DE SETEMBRO

Polo día da folga polo planeta o alumando de 1º plantou a Árbore do Amor, agasallo do CEIP A cruz de Budiño (Porriño), ademais de gardaron os seus desexos nas súas raíces.













XENIAL NENOS E NENAS. 

AGORA TEMOS QUE COIDALO.


APERTURA DE BIBLIOSINDE

O día 5 de Outubro deuse a benvida ao novos usuarios de Bibliosinde.

Tamén tivemos un pequeno agasallo co alumnado que participou durante todo o Pasapalabra do curso pasado e que seguiu participando e enviando as súas respostas durante o confinamento.

NORABOA !!!!

lunes, 5 de octubre de 2020

BENVID@S A BIBLIOSINDE

 

Xa estamos aquí de novo despois de tanto tempo sen cole. Este ano no cole.

hai moitos cambios e na biblioteca tamén polo que teremos  o acto de apertura de xeito virtual.

Fai clic AQUI

jueves, 4 de junio de 2020

ENQUISA DE FIN DE CURSO

Como cada ano, solicitamos a vosa axuda para mellorar BiblioSinde. 
Por favor, cubride a seguinte enquisa: 
Tedes ata o mércores 10 de xuño:

viernes, 29 de mayo de 2020

PECHAMOS BIBLIOSINDE

DAR AS GRAZAS A TOD@S AS PERSOAS
 (ALUMNOS FAMILIAS E PROFES) QUE FIXERON POSIBLE QUE BIBLIOSINDE ESTIVERA ABERTA, PROPONDO LECTURAS, ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DURANTE ESTE CURSO ESCOLAR E SOBRE TODO DURANTE ESTE TEMPO NO QUE NON PUIDEMOS ESTAR NO COLE. 



Non queremos deixar de animar a desfrutar dun bo libro e unha boa historia para este verán.



Tamén podemos escribir as nosas historias destas semanas ou do noso verán, aquí tedes como preparar o libro.
BO VERÁN E ATA SETEMBRO!!!!
SUPERLECTOR

jueves, 28 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS EN FAMILIA CON ALAN E JAVIER 5 ANOS

Máis familias animáronse a ler dende as súas casas. Nesta derraderia ocasión as familias de Alan e de Javier de 5 anos.
XENIAL!!!!

UURRRGGGG!!!


Proposta cos nosos xoguetes e o sol.
Que vos parece xogar cos xoguetes e as súas sombras?
Precisaremos: 
-un folio, 
-un lápis e cores, 
-os nosos xoguetes e un lugar onde poidamos xogar co sol.


miércoles, 27 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVO

Para rematar cos mércores creativos do curso, faremos uns barcos con materiais de refugallo para xogar na praia, na bañeira ou na piscina.

Despois de tanto tempo na casa imos darlle á creatividade, vai ser doado.





CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

LEMBRADE:ÚLTIMOS DÍAS PARA ENVIAR AS RESPOSTAS DO PASAPALABRA
Unha nova historia de PETE THE CAT

Agora un xogo para aprender vocabulario.
 🍅🍆🍇🍈🍉🍊🍋🍌🍍🍎🍏🍐🍑🍒🍓Have fun!
#EUQUEDONACASA


martes, 26 de mayo de 2020

CONTOS CONTADO EN FAMILIA CON ANDRÉ DE 5 ANOS

Igual cunha comida cando gusta vólvese comer, cando un libro gusta volvémolo ler. 
Nesta ocasión dende a casa de André "Sopa Verde".


MOI BEN LIDO ANDRÉ!!👏👏👏

E COMO TODO NON VAI A SER VERDE

PREPARAMOS UN BATIDO DE🍓🍓
#EUQUEDONACASA






lunes, 25 de mayo de 2020

PIMBOLA

Despois de facermos un Minigolf, estamos preparad@s para case calquera cousa! Por iso hoxe propoñémosvos un reto nivel PRO: facer unha máquina de “Pinball” ou unha Pímbola, vaia. Que non sabedes o que é? Seguro? Pois o que perdedes! Pero iso ten fácil solución, verdes este vídeo e poñervos ao choio! Agora, botamos unhas partidas?
#EUQUEDONACASA

O LIBRO DOS SOÑOS

AVISO IMPORTANTE: NESTA SEMANA TEDES QUE DEVOLVER OS LIBROS EMPRESTADOS DE BIBLIOSINDE E AS MOCHILAS VIAXEIRAS. PODEDES LEVALOS AO COLE NAS SEGUINTES DATAS: LUNS E MARTES:ED. INFANTIL MÉRCORES: 1º E 2º ED. PRIMARIA XOVES: 3º E 4º ED. PRIMARIA VENRES: 5º E 6º ED. PRIMARIA --xx-- Hai moitas, moitas cousas que podemos facer aínda sen podermos saír da casa. Unha delas é soñar e otra, ler. Van as dúas xuntas neste conto creado polo noso monitorado  para vós, para gozardes de Salón a salón.
#EUQUEDONACASA

viernes, 22 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS

Hoxe a profe Isa mergúllase no mar para contarnos...


Proposta de facer pexies coas mans.

Materiais

·       Botella de plástico transparente
·       Témperas ou Papeis de cores
·       Grampadora
·       Un par de ollos móbiles.
Pasos
1Corta a botella pola metade cunhas tesoiras. Como ves na imaxe, nun dos lados debes deixar un anaco sen recortar coa forma da cola do peixe.
2Con témperas de cores, pinta a parte interior da botella. Se non tedes temperas podedes enchelos de pelotiñas de papeis de cores.
3 Pega os dous ollos móbiles e xa tedes o voso peixe.

#EUQUEDONACASA



jueves, 21 de mayo de 2020

CONTOS DE GATOS

Queredes un conto de gatos?🐱🐱 A que si? Pois vai esta historia monicrequeira que nos achega Celtia Figueiras: Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar…


#EUQUEDONACASA

EXPERIMENTOS: TINTA INVISIBLE

Hoxe imos aprender a escribir mensaxes secretas con tinta invisible. Que como se fai? Moi fácil, só tedes que ver o vídeo e, como científic@s que sodes, experimentardes vós tamén!

#EUQUEDONACASA

miércoles, 20 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Agora que xa podemos saír un pouquiño de casa, temos que prepararnos e adestrar a fondo, non nos vaiamos lesionar! Propoñémosvos, para o tempo que pasemos na casa, facerdes un minigolf. A ver como tedes o “swing” …
#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe bolboretas e peixes de cores nos contos contados en inglés.




martes, 19 de mayo de 2020

BAILAMOS COA VACA MUXÍA

Facía algún tempo que non bailábamos, hoxe a banda de Uxía Lambona invítanos a mover ese corpo.🎶

#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN FAMILIA CON IKER, PAULA E LAIA DE 3 ANOS

Unha semana máis temos contos dende as casas. Nesta ocasión son os máis pequenos do noso cole.
IKER



PAULA



LAIA


NORABOA PEQUENOS LECTORES!!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

NO MERCADO IMOS CANTAR E NA COCIÑA IMOS CONTAR

Xa tedes a lista da compra? Pois imos ao mercado.


Dende a cociña non imos cociñar senón unha historia contar.
#EUQUEDONACASA


viernes, 15 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS

Un venres máis e una profe no contos contados. Nesta ocasión a profe Nair  pon a súa voz para "A SOPA VERDE".


GRAZAS PROFE NAIR!!!!

E despois de oír falar de comida, a quen lle apetece cociñar?
"NUGGETS DE VERDURAS"
Tomade nota dos ingredientes:
-1cenoria grande
-A metade dunha coliflor cocida.
-A metade dun brócoli cocido.
-1 dente de allo.
-1 ovo.
-sal e pementa.
-80 gra. de queixo relado.
-70 gra. de pan relado e un pouco máis para o empanado.
BO PROVEITO!!!

jueves, 14 de mayo de 2020

ROCKEANDO NA CASA


FAI TEMPO QUE NON CANTAMOS E BAILAMOS. POIS CHEGOU O MOMENTO.

#EUQUEDONACASA

EXPERIMENTOS NA COCIÑA

Boas, familias. A que nestas semanas pasamos moito máis tempo na cociña que antes? Pois ademais de para comer e cociñar, tamén podemos aproveitar para facermos experimentos científicos, coma o do “Ovo Saltarico” que hoxe nos propón a equipo de monitores do Salón Virtual. Vistes algunha vez un ovo chimpar (sen que rompa, claro)? Non? Pois… xa sabedes! 🥚🍳
#EUQUEDONACASA

miércoles, 13 de mayo de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Seguro que neste tempo de estarmos na casa tivemos tempo de ordenar a nosa roupa, a que si? E a que tamén apareceron calcetíns vellos, gastados, furados ou desparellados? Se non atopamos ningún, na lavadora debe haber polo menos un par de ducias, falade con ela e que vos deixe algún dos que, por arte de maxia, fixo desaparecer, que estas lavadoras sonche moi cucas… Pois temos unha idea fantástica para darlle unha segunda vida a estes calcetíns. Tedes curiosidade? Pois mirade o vídeo da nosa Paca Pataca, a ver se vos inspira. E, de paso, dicir o nome de Paca Pataca seguido, moi rápido, sen ensarillar a lingua… A que custa? A que mola?


#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe mércores para os contos contados en inglés temos á nosa teacher Mariña con ELMER.

GRAZAS TEACHER!!!
Se queredes pintar a Elmer.🐘🖍


martes, 12 de mayo de 2020

CONTOS EN FAMILIA CON BRAIS DE 1º E AITOR DE 4º DE E.P.

Hoxe dende a casa, temos os contos en familia de dous irmáns, Brais de 1º e Aitor de 4º de Primaria.

BRAIS lenos un de piratas

                               AITOR lenos un de monstros

 


E despois do ratiño de ler temos unha proposta para facer cos irmás o en familia.
UN LAPISEIRO CASEIRO
#EUQUEDONACASA

lunes, 11 de mayo de 2020

CONTOS CONTADOS


Boas familias! que, xa gozastes do voso paseo de finde? Como foi a experiencia? Seguro que de maravilla! Deíxámosvos un conto moi especial, creado polo equipo de monitores do Salón do Libro, un conto de creación propia que seguro vos fará ter un sorriso… ou dous! Vai una semana máis … e outra menos!


#EUQEDONACASA

PASAPALABRA DENDE O SALÓN

Hoxe é luns e o nos pasapalabra do mar xa rematou, so falta que enviedes as vosas respostas a o correo bibliosinde@gmail.com
Para os que seguen querendo pasapalabras…. aquí tedes un para xogar dende o voso salón.Só tedes que pinchar noseguinte enlace e ser veloces nas vosas respotas. tedes 5 minutos⌛️😅AQUÍ
#EUQEDONACASA