lunes, 27 de octubre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro festexamos o Día Internacional da Biblioteca Escolar en Bibliosinde coa posta en marcha das mochilas viaxeiras 2014-2015. Despois dunha primeira toma de contacto no terceiro trimeste do curso pasado e co éxito obtido, este ano arrancamos cun pleno total de mochilas en todos os cursos de infantil e primaria. Pouco a pouco, iremos informando da súa evolución...





Un saúdo, Superlector.

miércoles, 22 de octubre de 2014

BÓTALLE UN VISTAZO AS NOVAS ADQUISICIÓNS!

Un saúdo, Superlector.

REMATAN OS ALMORZOS SAUDABLES NO SINDE...

Gran éxito dos almorzos saudables promovidos pola biblioteca do colexio. Superlector e o Equipo de Biblioteca queren agradecer ao persoal do Sergas, mestres colaboradores e a todo o alumnado a vosa colaboración. Esperamos que poidamos repetir a experiencia en máis ocasións e sobre todo, que se creen bos hábitos alimenticios e de hixene!!!


Almorzo saudable Ed. infantil from BiblioSinde on Vimeo.


ALMORZOS 1º E 2º PRIMARIA from BiblioSinde on Vimeo.


ALMORZO 3-4 PRIMARIA from BiblioSinde on Vimeo.



5º E 6º from BiblioSinde on Vimeo.
Un saúdo, Superlector.

OS MÁIS CATIVOS XA TEÑEN O SEU CARNET

O venres pasado viñeron por primeira vez á biblioteca os nenos e nenas de 3 anos. Despois dun percorrido polas diferentes zonas tiveron que buscar o seu carnet pegado a un globo azul de Superlector.


Un saudo , Superlector.

OS BOLECHAS FELICITAN A BIBLIOSINDE

Hoxe fai un ano que formamos parte do club Os Bolechas dos que recibimos esta felicitación tan agarimos. No enlace de máis abaixo podedes descargar este agasallo que nos enviaron.
Moitas grazas!!!

http://www.osbolechas.com/descargas/agasallo_chispa.pdf

Un saúdo, Superlector.

martes, 21 de octubre de 2014

CANCIÓNS DE MEDO POLO SAMAÍN

Xa falta pouco para que chegue a festa do medo e dende Bibliosinde imos festexalo cantando. Estas son as cancións de medo escollidas.
La bruja loca: Ed. Infantil.
Corre, corre, cabaciña: 1º Primaria.
O rock do Samaín: 2º Ed. Primaria.
A bruxa Maruxa: 3º Primaria.
Los esqueletos: 4º Primaria.
O demiño Rapatín: 5º Primaria.
Mi novio es un zombie: 6º Primaria.
Dende o 27 ao 30 de outubro os diferentes cursos do colexio pasarán polas clases cantando a súa canción aos seus compañeiros. Cada neno/a recibirá un agasallo como troco. 
Non vos perdades os vídeos das cancións despois da festa.


Un saúdo Superlector.

O OUTONO NA SECCIÓN TEMÁTICA

Despois de contos e libros sobre a escola xa están na sección temática libros sobre o outono. Ven a Bibliosinde e bótalle una ollada.



Un saúdo, Superlector.

COMER BEN É SAÚDE

Visita o noso PDI, atoparás libros e contos sobre a alimentación, enfermidades derivadas e o corpo.
Nun dubides en levar calquera exemplar para casa co teu carnet.
Un saúdo, Superlector.

jueves, 9 de octubre de 2014

NOVAS REVISTAS E XORNAIS!!!

Xa podedes disfrutar en Bibliosinde dos novos exemplares das revistas Jugón, Clan, Pelo Pico Pata, Caracola, Reportero Doc,...





 Un saúdo, Superlector.

miércoles, 8 de octubre de 2014

OS NOVOS AXUDANTES DE BIBLIOSINDE

Aquí tedes aos novos/as axudantes de Bibliosinde 2014-2015, non dubidedes en dirixirvos a calquera deles/as se precisas axuda!!!


Axudantes14-15 - Movie Maker

Un saúdo, Superlector.

ALMORZOS SAUDABLES

O próximo mércores, en conmemoración do Día da alimentación, póñense en marcha por primeira vez os "Almorzos saudables" no Sinde. Terán lugar en 4 sesións: xoves 16 para 5º e 6º de primaria, venres 15 para 3º e 4º, luns 20 para o alumnado de Ed. Infantil e o martes 21 para primeiro e segundo de primaria. 
O almorzo de tipo mixto (iogur natural, froita, queixo, fiame ou xamón, pan fresco, mel e froitos secos) será acompañado por unha charla impartida por un técnico en sanidade na que se instrúe aos alumnos/as de cal é a hora apropiada para realizar a primeira comida do día, cales os distintos alimentos que deben e non deben consumir así como os que deben evitar comer con asiduidade, ata os compoñentes de cada alimento e as súas cualidades e funcións dentro do organismo, para rematar co cepillado dos dentes.
Ao final da charla se lles pasa ao alumnado unha guía animada na que aparece un neno/a que non se alimentou ben e as súas consecuencias.



Un saúdo, Superlector.

XA ESTÁN EN MARCHA OS PRIMEIROS LIBROS VIAXEIROS...

Impulsados dende Bibliosinde e coa colaboración das mestras de Ed. Infantil, póñense en marcha os primeiros libros viaxeiros sobre a alimentación. 
E ti que almorzas?: dirixido para as familias de 5º de Ed. Infantil. Nel teñen que plasmar os almorzos de toda a familia para que o chegar ao colexio llo amosen aos seus compañeiros. A finalidade é provocar un diálogo de reflexión sobre os alimentos que inxerimos diariamente, a súa calidade, equilibrio e variedade.
Receitas divertidas: visitas as casas de 6º de Ed. infantil. Nesta ocasión os máis cativos deben elaborar unha receita divertida coa axuda das súas familias y que plasmarán na súa páxina mediante fotos, debuxos e comentarios.
Estade atentos que cando os libros estean completos colgaremos os resultados no blogue.



Un saúdo, Superlector.