viernes, 11 de diciembre de 2015

ATA AQUÍ PODO LER....

Este é o resultado da actividade proposta para o Samaín neste curso. Cada clase en gran grupo tiña que propoñer finais alternativos para contos de medo, algúns resultados son xeniais! Botádelle unha ollada...


Grazas a todos/as, Un saúdo Superlector.

jueves, 29 de octubre de 2015

E TI, ONDE LES?

Este ano como actividade de inauguración de Bibliosinde propoñíamos ao alumnado que achegasen á biblioteca imaxes deles mesmos lendo nos seus recunchos favoritos da casa para confeccionar un mural no PDI.
Grazas a todos/as pola vosa participación, deixamos a continuación un vídeo recompilatorio de todas elas.


Un saúdo, Superlector.

lunes, 26 de octubre de 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Un ano máis, para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares emprenden as súa andadura  as Mochilas viaxeiras de BiblioSinde. Aquí vos deixamos fotos dos primeiros afortunados/as pero non desesperes, pronto chegarán tamén ás vosas casas!

Un saúdo, Superlector.

miércoles, 7 de octubre de 2015

BENVIDOS/AS A BIBLIOSINDE- 4º ED. INFANTIL

Os maís pequenos/as do colexio voltaron a Bibliosinde para unha pequena sesión de formación de usuarios que rematou cun xogo de búsqueda de carnés que levaba de agasallo un globo de Superlector.


Un saúdo, Superlector.

FORMACIÓN DE USUARIOS


jueves, 1 de octubre de 2015

OLA A TODOS/AS UN ANO MÁIS!

Onte mércores, 30 de setembro, Bibliosinde abriu de novo as súas portas cunha cerimonia de inauguración á que acudiron todos/as.
O himno de Bibliosinde cantado polo alumnado de 4º de primaria, a entrega dos carnés para os novos, un marcapáxinas de Superlector de agasallo e a actividade: E ti, onde les? foron as propostas do equipo de biblioteca para este día tan especial.



Un saúdo, Superlector.

miércoles, 17 de junio de 2015

BIBLIOSINDE PECHA AS SÚAS PORTAS...

Bibliosinde pecha as súas portas ata o curso que vén pero non antes de agradecer a todo o alumnado/a a súa implicación e participación nas actividades deste curso.

AGRADECEMENTOS AO ALUMNADO COLABORADOR DE 6º DE PRIMARIA


AS MÁIS SUPERLECTORAS DE BIBLISINDE!!!!


GAÑADORES/AS DO CONCURSO: 
COÑECES BIBLIOSINDE?

  

PARTICIPANTES NO CONCURSO: 
COÑECES BIBLIOSINDE?




Moitísimas grazas a todos/as e mirámonos o curso que vén!!!
Un saúdo, Superlector!!!!

VISITA DO MAGO ZANAS!!!

O pasado venres 29 de maio achegouse a Bibliosinde o Mago Zanas cunha morea de trucos para sorprendernos... Moitísimas grazas por facernos pasar un rato tan divertido.

Un saúdo, Superlector.

miércoles, 10 de junio de 2015

REMATA O CURSO... DESPEDIDA DE BIBLIOSINDE

O vindeiro curso máis e mellor!!! grazas a todos/as por este ano tan enriquecedor.

Un saúdo, Superlector.




martes, 26 de mayo de 2015

FESTAS EN POEMAS

O alumnado de 5º de ed. infantil traballaron poemas relacionados con datas significativas do calendario escolar: samaín, magosto, nadal, paz, día de Rosalía,… E fixeron un mural entre todos de cada un deles.

Un saúdo, Superlector.

PDI: EXERCICIO FÍSICO E DEPORTE

Quedan clausurados eb Biblisinde os PDIs sobre o exercicio físico e os deportes. Mostrámosvos a continuación as plantillas que tiveron que cubrir as crianzas e un resumo das fotos que acreditam o seu traballo






Un saúdo, Superlector.

jueves, 21 de mayo de 2015

AS FAMILIAS DE 6º DE INFANTIL EXPLICAN AS SÚAS PROFESIÓNS

Dentro do marco do PDI de centro, as familias de Ed. infantil foron convidadas a participar no proxecto a través de diferentes propostas. Unha delas, era vir ao colexio a explicar as súas profesións relacionadas cos alimentos: carniceira, peixeira, panadeira, operario dun matadeiro,...
Moitas grazas a todos/as.
Un saúdo, Superlector.

viernes, 15 de mayo de 2015

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ENLACES DE INTERESE SOBRE O HOMENAXEADO:

 
Un saúdo, Superlector.

O POPULAR ESTÁ DE MODA - LETRAS GALEGAS 2015

Este ano no colexio, o popular está de moda e por iso o Eq, de Dinamización da lingua galega convídanos a todos/as a un pequeno festival polo Día das Letras Gañegas e a unha xornada de xogos populares no patio.
Terá lugar o 16 de maio no ximnasio e nos diferentes patios do cole. O programa do día é o seguinte:
  • Festival das Letras Galegas: arenga en defensa do idioma galego, visionado da entrevista que o alumnado de 6º de primaria realizou aos membros de Conrazones no pasado mes de Novembro, recitado de poesías e cancións en galego e como colofón final: o himno galego.
  • Mostra de xogos populares: infantil, xogos de corro; 1º de primaria, o pano por detrás; 2º de primaria, pase misí; 3º, comba; 4º, xogo do pano; 5º de primaria, xogo das bolas e 6º de primaria, xogo da petanca.

Un saúdo, Superlector.

jueves, 30 de abril de 2015

FOTOS DAS ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

Moitísima participación no 1º Mercadillo de contos e libros festexado a semana pasada en Bibliosinde. Esperamos para o ano ser moitos máis!


Non podíamos parar de rir con Ignacio Vilariño. Fantástica actuación!!! Volve cando queiras e moitas grazas.




Un saúdo, Superlector.

lunes, 20 de abril de 2015

PDI: A VACA E OS SEUS DERIVADOS

Aquí vos deixamos o proxecto de investigación dos máis pequenos do colexio. O alumnado de infantil buscaron e analizaron todo tipo de material sobre a vaca e os alimentos que nos aporta. A continuación mostrámosvos algunhas fotos e as fichas realizadas. GRAN TRABALLO PEQUENOS/AS!








Un saúdo, Superlector.

jueves, 16 de abril de 2015

viernes, 10 de abril de 2015

COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO


Superlector informa:
Queridos amigos/as!!! O vindeiro 23 de abril festéxase en todo o mundo o Día Internacional do Libro e para iso quero convidarvos a participar nunha actividade moi especial. Trátase dun “mercadillo” de libros e contos baixo o lema:  COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO.
Durante toda a semana que vén (do 13 ao17 de abril) poderás traer a Bibliosinde na hora do recreo un libro ou conto da túa casa e entregalo na zona de rexistro. Recibirás un ticket a cambio de cada exemplar que traias.
Na semana do Día do Libro, haberá un “mercadillo” para intercambiar os vosos tickets polos libros e contos de outros compañeiros/as que máis vos gusten.
Tede en conta que:
  • O Eq. de biblioteca daravos proximamente un horario onde constarán os turnos de cada curso para ir ao “mercadillo”.
  • Poderase traer un máximo de 3 libros por alumno/a.
  • Os contos e os libros non se deben mercar, teñen que estar en bo estado e ser de temáticas axeitadas.
  • Haberá un pequeno agasallo para todos os participantes.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!!
Un saúdo, Superlector.

viernes, 27 de marzo de 2015

PROXECTO: O PAN

Hoxe mostramos o traballo feito polos alumnos/as de 2º e 4º de primaria. Os dous cursos investigaron sobre pan, partindo dos cereais co que se fai, o proceso de transformación dos mesmos e a elaboración do pan.
Aquí están buscando información nos libros e facendo murais cunha choiva de ideas sobre o tema:



Estas son as fichas que debían cubrir a nivel individual coa información atopada nos libros da zona de consulta:





E o mellor de todo: facendo o pan! Estaba boísimo!.


Grazas a todos/as, traballástedes fenomenal!
Un saúdo, Superlector.

jueves, 26 de marzo de 2015

1º FESTIVAL DA POESÍA E DO TEATRO

Onte tivo lugar no colexio o primeiro Festival do teatro e da poesía promovido por Bibliosinde cun público moi especial: alumnos/as dos CEIP As Solanas e CEIP A Sangriña. Queremos agradecer dende aquí a súa asistencia e a participación do profesorado e alumnado do noso colexio no festival. Esperamos que vos gustara e que teñan lugar novas edicións.
Próximamente colgaremos as actuacións.

Un saúdo Superlector.

miércoles, 18 de marzo de 2015

SESIÓNS DE CONTACONTOS POLOS NENOS/AS DE 4º

Os nenos/as de 4º de primaria prepararon sesións de contacontos na hora de ler para os seus compañeiros/as. Todos/as disfrutaron moitísimo!

Un saúdo, Superlector.

NOVIDADES

COLECCIÓN EMOCIÓNS- BAÍA EDICIÓNS

CARTEIRA DE VALORES- BAÍA EDICIÓNS

Un saúdo, Superlector.

martes, 17 de marzo de 2015

CALIGRAMA DÍA DA MULLER

Aquí vos deixo o caligrama feito o Día da muller traballadora por todo o alumnado. Nel aparecen os nomes das mulleres máis importantes das vidas dos nenos e nenas do Sinde. Tamén algúns mestres/as non se resistiron a escribir o seu.

Un saúdo, Superlector.

lunes, 9 de marzo de 2015

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 1º DE PRIMARIA

O proxecto do alumnado do 1º curso de primaria trata sobre unha das enfermidades máis comúns relaciondas coa alimentación: AS CARIES. O tema xurde a partir do conto: "Manuela, !qué muela!" de Silvia Filiau que nos fala das caries, dos dentes, da importancia da hixiene bucal e da boa alimentación.
 
 
A partir do conto, fixemos un esquema das cousas que nos gustaría saber e investigar:
 
 
E o Eq. da biblioteca preparou unhas fichas de cada apartado que completamos buscando información nos libros da zona de consulta.






Aquí as tedes completas:




Para clausurar o proxecto, cada grupo espuxo aos demáis todo o que aprenderon:


 
 Gracias rapaces e rapazas, bo traballo!
 
Un saúdo, Superlector.

AS FAMILIAS EN BIBLIOSINDE

Seguimos recibindo a mamás na biblioteca para sesións de contacontos aos máis pequenos/as. Grazas pola vosa participación, estamos seguros que todos/as disfrutaron moitísimo.




Un saúdo, Superlector.