Este ano no colexio, o popular está de moda e por iso o Eq, de Dinamización da lingua galega convídanos a todos/as a un pequeno festival polo Día das Letras Gañegas e a unha xornada de xogos populares no patio.
Terá lugar o 16 de maio no ximnasio e nos diferentes patios do cole. O programa do día é o seguinte:
- Festival das Letras Galegas: arenga en defensa do idioma galego, visionado da entrevista que o alumnado de 6º de primaria realizou aos membros de Conrazones no pasado mes de Novembro, recitado de poesías e cancións en galego e como colofón final: o himno galego.
- Mostra de xogos populares: infantil, xogos de corro; 1º de primaria, o pano por detrás; 2º de primaria, pase misí; 3º, comba; 4º, xogo do pano; 5º de primaria, xogo das bolas e 6º de primaria, xogo da petanca.
Un saúdo, Superlector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario