miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe,  24 de febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o Día de Rosalía. Por mor do mal tempo quedan aprazadas as actividades previstas e que se levarán a cabo en colaboración co Concello de A Guarda e o resto de colexios da zona. 
Ampliaremos a información coas actividades en breve.

Un saúdo, Superlector.

MÁIS IGUALDADE, MELLOR

Achégate a Bibliosinde e bótalle unha ollada á sección temática. Nela atoparás libros relacionados coa muller, coa educación e igualdade xa que próximo 8 de marzo será o Día Internacional da muller.


Un saúdo, Superlector.

jueves, 11 de febrero de 2016

aprendedoSINDEscanso

Dende a volta das vacacións de Nadal algo está ocorrendo no Sinde. Unha manchea de espirais están por todas partes... Nas portas, nas escaleiras, na biblioteca,... Tamén fóra de cada clase atopamos unha mesa cun obxecto, debuxo, foto que algo nos quere dicir. Pincha no logo do proxecto e visita o noso blogue para descubrir o que está pasando... 
Un saúdo, Superlector.

miércoles, 3 de febrero de 2016

PAZ 2016

O 2016 ven cargado de espirais para Bibliosinde e para o colexio enteiro, por iso o equipo de convivencia organizou unha espiral de paz para conmemorar esta data e convidou a alumnos/as e mestres/as a crear os seus propios cariñogramas nas aulas.
Mural: espiral con palabras de Paz.



Espiral de paz do alumando coa canción "Quen puidera namorala".

Cariñogramas das aulas:



     

Sección temática na biblioteca:


O centro de educación especial "San Xerome" de A Guarda convocou a todos os centro do concello para a grabación dun LipDub pola Paz. Este foi o resultado:



Grazas a todos/as, un saúdo de Superlector.