Moitísima participación no 1º Mercadillo de contos e libros festexado a semana pasada en Bibliosinde. Esperamos para o ano ser moitos máis!
Non podíamos parar de rir con Ignacio Vilariño. Fantástica actuación!!! Volve cando queiras e moitas grazas.
jueves, 30 de abril de 2015
jueves, 23 de abril de 2015
lunes, 20 de abril de 2015
PDI: A VACA E OS SEUS DERIVADOS
Aquí vos deixamos o proxecto de investigación dos máis pequenos do colexio. O alumnado de infantil buscaron e analizaron todo tipo de material sobre a vaca e os alimentos que nos aporta. A continuación mostrámosvos algunhas fotos e as fichas realizadas. GRAN TRABALLO PEQUENOS/AS!
Un saúdo, Superlector.
jueves, 16 de abril de 2015
miércoles, 15 de abril de 2015
viernes, 10 de abril de 2015
COMPARTE OS TEUS LIBROS CO MUNDO
Superlector informa:
Queridos amigos/as!!!
O vindeiro 23 de abril festéxase en todo o mundo o Día Internacional do Libro e
para iso quero convidarvos a participar nunha actividade moi especial. Trátase
dun “mercadillo” de libros e contos baixo o lema: COMPARTE OS
TEUS LIBROS CO MUNDO.
Durante toda a semana
que vén (do 13 ao17 de abril) poderás traer a Bibliosinde na hora do
recreo un libro ou conto da túa casa e entregalo na zona de
rexistro. Recibirás un ticket a cambio de cada
exemplar que traias.
Na semana do Día do
Libro, haberá un “mercadillo” para intercambiar os vosos tickets polos libros e
contos de outros compañeiros/as que máis vos gusten.
Tede en conta que:
- O Eq. de biblioteca daravos
proximamente un horario onde constarán os turnos de cada curso para ir ao
“mercadillo”.
- Poderase traer un máximo de
3 libros por alumno/a.
- Os contos e os libros non se
deben mercar, teñen que estar en bo estado e ser de temáticas axeitadas.
- Haberá un pequeno agasallo
para todos os participantes.
ANÍMATE E
PARTICIPA!!!!
Un saúdo,
Superlector.
martes, 7 de abril de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)