jueves, 30 de abril de 2020

COMO FACER UN FLAN DELICIOSO! :P

Hoxe contamos coa axuda de Nicolás de 3º E.P. para ensinarvos a facer un flan. Pero non é un flan calquera, é un flan de coco! Ñam ñaaaam😋feito con moito amor❤❤❤❤

Compartimos, con todos vós, o seu vídeo explicando os ingredientes necesarios e os pasos a seguir.








CONTOS DE AMOR

OS CONTOS DE HOXE SON PARA MOSTRAR O NOSO AMOR ÁS PERSONAS QUE TEMOS PRETO OU NON❤❤❤

ADIVINA CUANTO TE QUIERO


TE QUIERO CASI SIEMPRE
#EUQUEDONACASA

miércoles, 29 de abril de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Un mércores máis aquí temos os monitores do salón cunha proposta creativa e divertida relacionada co Humor e  o Circo. Pois ben, mesturando as dúas cousas estiveron argallando  que poidades facer, na vosa casa, lanzamento de aros. Ademais de practicar a puntería dá para exercitardes a imaxinación. Animádesvos?
#EUQUEDONACASA


CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe mércores contos contados en inglés cheos de animais.
A LITTLE RABIT
e DEAR ZOO
 

martes, 28 de abril de 2020

PARA RIRNOS DO MEDO


Dende o Salón Virtual do libro vannos ensina a facer un quitamedos (pero con moito humor). Queredes saber en que consiste esta proposta? Pois adiante!#EUQEDONACASA

CONTOS EN FAMILIA CON MARTÍN E ALBERTO

HOXE MARTÍN DE 3 ANOS E O SEU IRMÁN ALBERTO DE 2º VANNOS LER E INTERPRETAR UN CLÁSICO RENOVADO.🐷🐷🐷
E PARECE QUE ALGÚN LLE COLLEU O GUSTO QUE REPITE


BRAVO RAPACES!!!!!😂😂😂

lunes, 27 de abril de 2020

MERENDAS DIVERTIDAS

Hoxe propoñémosvos facerdes “Caghalletas!”. E que son estas caghalletas? Por para sabelo teredes que ver o vídeo que preparamos para vós. Unha pista, son unhas cousiñas de cor marrón, poden ser de distintos tamaños, formas e texturas, iso xa depende de quen as faga! 😜
#EUQUEDONACASA

CONTOS DE CORES PARA DÍAS GRISES

Para os días grises, contos de cores! E este, moi especial creado polo monitores do Salón do Libro, para entendernos mellor o mundo (desde casa, claro!).#EuQuedoNaCasa


PASAPALABRA DO MAR

Comezamos unha semana nova coas pistas do noso Pasapalabra do mar en galego.



viernes, 24 de abril de 2020

CONTOS CONTADOS

HOXE PARA A HORA DE LER TEMOS Á PROFE BELÉN CUNHA PEQUENA AXUDANTE. DESFRUTADE DESTA HISTORIA.



PROPOSTA DE ACTIVIDADES DENDE AULAS GALEGAS PARA FACER COS E COAS MÁIS PEQUES DA CASA!
• FALAMOS DO CONTO, E DA NOSA OPINIÓN SOBRE QUE LLE PASA A MARA
• FALAMOS DE COMO NOS SENTIRÍAMOS NÓS, E DE SE COÑECE A ALGUÉN QUE POIDA   SENTIRSE ASÍ.
• PODEMOS DEBUXAR A MARA E FACERLLE OS SEUS BONITOS CABELOS RIZADOS: PROBADE A FACELO DE DIFERENTES MANEIRAS!
 -CON ROTULADORES
 -CON PLASTILINA
 -CON LÁ
 -CON ELEMENTOS DA CASA…
 DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!!
• TAMÉN PODEDES FACER O MESMO COA VOSA FOTO, OU SE NON TEDES IMPRESORA PODEDES FACER O DEBUXO VÓS MESMOS!

GOZADE MOITO FACÉNDOLLE PEITEADOS MOI TOLOS!!!
BIQUIÑOS DE BOLBORETA.



jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO. LECTURAS RECOMENDADAS

Hoxe 23 de Abril celebramos o día do libro nesta ocasión facilito lecturas recomendadas para descargar e ler en ordenador e Tablet. 

Facede clic en cada título do libro para descargalo. Máis fácil imposible!
Grazas ás editoriais e autores que comparten libremente estas obras.

PARA OS PRELECTORES






PRIMEIROS LECTORES
LECTORES EN MARCHA



MARTÍN
TREBOADA



LECTORES AUTÓNOMOS




AUDIOLIBROS

PARA TOD@S

#EUQUEDONACASA

miércoles, 22 de abril de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Dende Aulas Galegas ensínanos a crear aun crebacabezas tridimensional con material de refugallo.  Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico, vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. 
É unha proposta de Olga Patiño Abeixón e aquí tes un vídeo de no que explica como se xoga.



E DENDE O SALON DO LIBRO PARA QUEN LLE FALTA A MEMORIA UN BUSCACACAS CON MOITO CHEIRO


 TODOS E TODAS A CREAR PARA XOGAR

#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Mércores contos en inglés.



martes, 21 de abril de 2020

COLGADOR PARA O BAÑO

Boa tarde, familias! Seguro que hoxe tedes a creatividade ao máximo, a que si? Pois para aproveitala, o noso monitorado ofrécevos unha proposta moi interesante para organizardes as quendas do baño na vosa casa… Como? Moi fácil, cun colgador de Orbil. Atendede!
#EUQUEDONACASA

CONTOS EN FAMILIA CON ÁNGEL DE 2º

ÁNGEL  DE 2º E A SÚA FAMILIA QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS UN RATIÑO DE LECTURA
BRAVO POR ÁNGEL E A SÚA FAMILIA POR FOMENTAR A LECTURA DENDE PEQUENIÑOS.

lunes, 20 de abril de 2020

CONTOS CONTADOS E COCIÑADOS

HOXE QUEREMOS FACER UN BISCOITO E NON PODEMOS DEIXAR PASAR A OCASIÓN DE VER E CANTAR O CONTO DE COCORICO EN PICTOGRAMAS.

E AGORA É MOMENTO DE COCIÑAR ESE BISCOITO DE DÚAS CORES. PERO NON FAGADES COMO COCORICO😋😋😋

#EUQUEDONACASA

PDI:PASAPALABRA DO MAR

Hoxe comeza unha nova semana e non poderían faltar as novas pistas do noso Pasapalabra do mar.




viernes, 17 de abril de 2020

PREPARAMOS A MERENDA

En que hora estamos? Pois na hora da merenda! (ou non, tanto ten) Aii que fame! Hoxe podemos facer a merenda para toda a familia, sorprender na casa cunhas torradas moi saborosas, saudables e divertidas. Mirade o que estiveron a argallar o equipo do Salón do libro para facer unha suculenta merendola! Presta ou non presta?

#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS

Hoxe na hora de ler a profe Bea comparte un conto de ratiños🐀🐀📕😘

#EUQUEDONACASA

jueves, 16 de abril de 2020

COIDAMOS A HORTA

Boas, familias! 
Orbil nesta corentena, ademais de poñerse ao día coas lecturas (tod@s sabedes que é un lobo moi lector) está aproveitando para manter en bo estado a leira e o xardín da casa: apar as ponlas, cortar a herba, poñerlle unha casiña aos paxariños…ai! Que susto, case se non manca! Xa sabedes, quedade na casa e se tedes horta ou xardín, coidadiño!



E PARA OS QUE NON TEÑEN HORTA OU XARDIN,
 QUEN DIXO QUE NON SE PODEN TER PLANTIÑAS?


#EUQUEDONACASA


CONTOS CONTADOS DE NUBES

Estes días entraba o soliño 🌞pola fiestra de casa 🏠pero hoxe… apareceron as nubes 🌧 e a chuvia. Aínda que a todas e todos nos gusta máis a luz do sol…as nubes tamén son boas e necesaria. E tamén divertidas! Como que non? Pois vede o que prepararou a nosa súper equipa de Monitorado do Salón Virtual.

#EUQUEDONACASA

miércoles, 15 de abril de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

Como estes días non podemos saír… tampouco temos onde gastar os cartos. Que vos parece se facemos un peto e aforramos unha chea de moedas para cando acabe a corentena poidamos mercar… uns libros! Ou un xogo! Ou un agasallo para alguén! Ou para… o que vos pete! Mentras facedes este súper peto, podedes ir matinando en que gastaredes a vosa fortuna… 



CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Novos contos en inglés para ler e escoitar.

Para os máis pequenos

para os maiores

martes, 14 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA CON HUGO DE 1º

HOXE ESTREAMOS CONTOS EN FAMILIA  CO CONTO "UN BECHO ESTRAÑO" DENDE  A CASA DE HUGO DE 1º

XENIAL HUGO!!!!

AGORA SE QUEREDES FACER O VOSO BECHO ESTRAÑO

#EUQUEDONACASA


PDI:PASAPALABRA DO MAR

Unha nova semana comeza e non podería faltar as nosas pistas do Pasapalabra do mar. Lembrade gardar as respostas para a volta.


VOLTAMOS

Despois duns días de descanso voltamos de novo con contos contados, contos en familia,  co Pasapalabra  do mar e  actividades creativas para este tempo de permanecer na casa.                                                                
                                #EUQUEDONACASA

viernes, 3 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA

OLA FAMLIAS!

COMO SABEDES O MES DE ABRIL É O MES DOS LIBROS E VOS QUERÉMOSVOS PROPOÑER QUE DURANTE ESTES DÍAS COMPARTADAS CON TODOS NÓS UN CONTO QUE TEÑADES NA CASA.

PARA ISO TEDES QUE FACER UN PEQUENO VIDEO ONDE CONTADES O VOSO CONTO SOS OU COA AXUDA DA VOSA FAMILIA.

SOAMENTE VOS PEDIMOS QUE NON SUPEREN OS 5 MINUTOS DE DURACIÓN E O ENVIADES AO NOSO CORREO.

bibliosinde@gmail.com 

#EUQUEDONACASA

#DENDEAMIÑAVENTÁ2

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COMPARTIR 
AS VOSAS IMAXES.


VOLTAMOS DESPOIS DAS VACACIÓNS!!!!
#EUQUEDONACASA

BOTAMOS DE MENOS O NOSO COLE

PARA TODOS E TODAS QUE BOTAMOS DE MENOS O NOSO COLE



#EUQUEDONACASA

CONTOS CONTADOS

Hoxe temos a presentación dun conto inédito, creado e narrado polo autor o profe Javier.



#EUQUEDONACASA

jueves, 2 de abril de 2020

KARAOKE E LINGUA DE SIGNOS

OTRO DÍA A CANTAR COAS MANS
 "EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN"
  DE MARIA FUMAÇA




e despois que vos parece debuxar un gran corazón e enchelo dos nomes das persoas que temos nos nosos corazóns e que agora non os temos preto.
#EUQUEDONACASA


CONTO MOTOR

Dende o Salón do libro seguen creando historias para vós, para gozardes en familia destes días de corentena. Cun conto e a nosa imaxinación, a casa vólvese un espazo infinito, un mundo enteiro cheo de posibilidades…

#euquedonacasa



miércoles, 1 de abril de 2020

MÉRCORES CREATIVOS

O origami está de moda tanto para nenos e maiores.
Ademáis de pasar un bo rato traballamos a concentración a creatividade e as mans. Imos comezar por 5 sinxelas figuras de caras de animais.
PRECISADES:
✪Un cadrado de papel
✪Un rotulador negro.


#EUQUEDONACASA





CONTOS CONTADOS EN INGLÉS

Hoxe para ler e escoitar temos contos en inglés.

Para os máis pequenos


e para os maiores


#euquedonacasa.