miércoles, 30 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O DÍA 21 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA VISITA DE ANXO MOURE E OS SEUS CONTACONTOS DA RECICLAXE DE NOVAS MALAS PARA CREAR CORAZÓNS PARA AGASALLAR.




E COMO NON PODÍAN FALTAR ENTREGÁRONSE AS MOCHILAS VIAXEIRAS DESTE CURSO.

BOAS VIAXES!!

UN SAÚDO SUPERLECTOR

viernes, 18 de octubre de 2019

SECCIÓN TEMÁTICA

Xa tedes na sección temática unha pequena mostra de libros sobre o outono e medo para desfrutar nestas semanas.

Un sáudo Superlector

miércoles, 16 de octubre de 2019

BENVIDOS PEQUENOS LECTORES!

O pasado 9 de outubro tivemos a visita dos nenos e nenas de 4º de infantil que viñeron por primeira vez a coñecer a biblioteca e a Superlector. Como sorpresa para este día, preparámoslle un xogo de búsqueda do seu carné que tiña como agasallo un globo de Superlector. Esperamos que voltedes pronto amigos!.



 







Un saúdo, Superlector!

RECORDANDO AS MORMAS E O FUNCIONAMENTO DA BIBLIO....

Durante estes días, todos volvestes a Bibliosinde cos vosos titores/as co obxectivo de "refrescar "as normas e o funcionamento da Biblioteca. Deste xeito, o uso diario de contos, libros, xogos, ordenadores,.. será mais sinxelo para todos/as. Aquí podemos ver unha foto do alumnado de 3º de primaria moi atento ás explicacións da súa titora.


Aproivetando esta visita, entregastes asinado o voso compromiso de uso de Bibliosinde que colocamos nun lugar central e destacado para que o teñades sempre presente. 

    




Un saúdo, Superlector.

miércoles, 2 de octubre de 2019

COMEZAMOS DE NOVO!

Chegou o gran día! Bibliosinde abre as súas portas un curso máis. Mergúlladevos con Superlector nesta nova aventura que comezou no día de onte.
No acto de inauguración presentamos o novo DPI ao que chamamos: "MERGÚLLATE NO MAR". Convidámosvos a viaxar a través do mar e coñecer historias, animais mariños, barcos, profesións, comidas,... relacionados co mar.
Entregamos os carnés ao novo alumnado e profesorado.
Repartimos os "Compromisos de uso de Bibliosinde" para que os asinedes todos/as!!!
E para rematar, presentamos aos novos axudantes da biblioteca! Gracias a todos/as por querer participar nesta importante labor.
Xa sabedes, a partir de hoxe mesmo, Bibliosinde está a vosa disposición! Podedes vir a ler, xogar, buscar información, levar películas, ...
Mirámonos pronto!
Un saúdo, Superlector.