lunes, 23 de enero de 2017

SECCIÓN TEMÁTICA


O vindeiro luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e, en Bibliosinde, xa temos preparada a sección temática! Quen se anima a coller un dos libros expostos?





Superlector











miércoles, 11 de enero de 2017

PRESENTACIÓN DO LIBRO "PEDRO Y LOS IGUALENSES"

Tal e como vos anunciei o profe Javier estivo en BiblioSinde presentando o seu libro. Fixo adicatorias moi agarimosas para todo aquel que asistiu ao acto co seu exemplar de Pedro y los igualenses.





En Bibliosinde xa temos algúns exemplares preparados para o préstamo. Animádevos a lelo!!!


Un saúdo, Superlector.

VISITA DO APALPADOR!!

Despois do intercambio de tarxetas tivemos unha fermosa visita. Chegou, dende O Caurel, o apalpador. Contounos a súa historia e repartiu ao alumnado castañas e caramelos. Chegou acompañado duns amigos que, cos seus instrumentos e as súas voces, amenizaron a visita.
Aquí vos deixo un pequeno recordo da mesma.









Un saúdo, Superlector.

martes, 10 de enero de 2017

INTERCAMBIO DE TARXETAS DE NADAL

O pasado martes 20 de decembro recollemos as tarxetas da nosa árbore de Nadal e fixemos o intercambio. Todos os nenos e nenas do cole levaron un fermoso desexo para a casa.
Esperamos que todos se cumpran!!






Un saúdo, Superlector.