lunes, 15 de diciembre de 2014

VISITA Á ROSALEIRA E Á QUINTA DOS LIBROS

O pasado luns, os máis cativos do colexio tiveron unha excursión moi especial...
En relación a temática da alimentación que se está traballando en todo o centro visitaron a fábrica de conservas A Rosaleira onde puideron observar e experimentar de primeira mán o proceso de tratamento e transformación dos alimentos.

 
Ao rematar, dirixíronse ao CPI Manuel Suárez Marquier onde os estaban agardando na Quinta dos libros para unha sesión de contacontos.
Queremos agradecer ao Eq. directivo e ao Eq. da biblioteca a súa hospitalidade. Esperamos vervos cedo por Bibliosinde.
 













  






VISTA Á QUINTA DOS LIBROS - Kizoa Movie Maker

Déixovos aquí a reseña que fixeron os nosos compañeiros/as da Quinta dos libros
Un saúdo, Superlector.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

E TI QUE ALMORZAS?

Xa rematou a súa viaxe o primeiro libro viaxeiro sobre alimentación, elaborado polas familias do 5º curso de Ed. Infantil. Ademais de ser unha actividade que promove o traballo cooperativo no seo da familia, na aula permite a reflexión e o diálogo sobre a importancia dun almorzo equilibrado e variado.
Moitas grazas a todos/as.



Un saúdo, Superlector.

martes, 9 de diciembre de 2014

APRENDENDO SOBRE AS FESTAS GASTRONÓMICAS DO NOSO POBO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa biblioteca do centro propuxeron aos diferentes cursos que investigasen sobre as festas gastronómicas máis populares de A Guarda para despois transmitirlle ao resto dos seus compañeiros/as todo o que aprenderon.
A distribución foi a seguinte:
Ed. Infantil: a Festa la langosta.
1º e 2º de primaria: Festa da zorza.
3º e 4º de primaria: Festa do peixe espada.
5º e 6 de primaria: A laconada.
Podedes botarlle un vistazo a algunha das súas presentacións a continuación:


Outras presentacións...
Como actividade complementaria, propuxemos as familias que nos achegasen receitas elaboradas cos alimentos típicos de estas festas gastronómicas para formar unha grande árbore de receitas.

Un saúdo, Superlector.