lunes, 15 de diciembre de 2014

VISITA Á ROSALEIRA E Á QUINTA DOS LIBROS

O pasado luns, os máis cativos do colexio tiveron unha excursión moi especial...
En relación a temática da alimentación que se está traballando en todo o centro visitaron a fábrica de conservas A Rosaleira onde puideron observar e experimentar de primeira mán o proceso de tratamento e transformación dos alimentos.

 
Ao rematar, dirixíronse ao CPI Manuel Suárez Marquier onde os estaban agardando na Quinta dos libros para unha sesión de contacontos.
Queremos agradecer ao Eq. directivo e ao Eq. da biblioteca a súa hospitalidade. Esperamos vervos cedo por Bibliosinde.
 













  






VISTA Á QUINTA DOS LIBROS - Kizoa Movie Maker

Déixovos aquí a reseña que fixeron os nosos compañeiros/as da Quinta dos libros
Un saúdo, Superlector.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

E TI QUE ALMORZAS?

Xa rematou a súa viaxe o primeiro libro viaxeiro sobre alimentación, elaborado polas familias do 5º curso de Ed. Infantil. Ademais de ser unha actividade que promove o traballo cooperativo no seo da familia, na aula permite a reflexión e o diálogo sobre a importancia dun almorzo equilibrado e variado.
Moitas grazas a todos/as.



Un saúdo, Superlector.

martes, 9 de diciembre de 2014

APRENDENDO SOBRE AS FESTAS GASTRONÓMICAS DO NOSO POBO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa biblioteca do centro propuxeron aos diferentes cursos que investigasen sobre as festas gastronómicas máis populares de A Guarda para despois transmitirlle ao resto dos seus compañeiros/as todo o que aprenderon.
A distribución foi a seguinte:
Ed. Infantil: a Festa la langosta.
1º e 2º de primaria: Festa da zorza.
3º e 4º de primaria: Festa do peixe espada.
5º e 6 de primaria: A laconada.
Podedes botarlle un vistazo a algunha das súas presentacións a continuación:


Outras presentacións...
Como actividade complementaria, propuxemos as familias que nos achegasen receitas elaboradas cos alimentos típicos de estas festas gastronómicas para formar unha grande árbore de receitas.

Un saúdo, Superlector.

jueves, 27 de noviembre de 2014

O APALPADOR

Preme na imaxe para ler o conto:

Conto do Apalpador realizado polos nenos/as do Sinde que agora están en 4º de primaria.


Conto e actividades LIM:

O conto en vídeo:

Cantiga:


Historia, canción e baile:

Fina de Ferramulín (Lugo) cóntalle á Associaçom A Volta Grande do C@urel, en xaneiro de 2009, do Apalpadoiro, que é como lle chaman nesa parte do Caurel ao Apalpador:


Escríbelle unha carta ao Apalpador:


Unidade Didáctica. EDLG do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo):


O Apalpador en pictogramas:


Actividades:

Outros enlaces de interese:
Panxoliña do apalapador polos alumnos/as do Sinde
O Apalpador: orixe, cantigas, láminas, recursos,..
Actividades LIM (2 niveis)
Antón e o apalpador: conto e recursos LIM
Máis sobre o Apalpador

martes, 18 de noviembre de 2014

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Bibliosinde festexa o Día dos dereitos do neno! Un gran mural adorna o PDI de bibliosinde co lema: Teño dereito a comer e beber.

Despois da campaña de recollida de alimentos que terá lugar o próximo xoves, o colectivo Conrazones de A Guarda impartirá unha charla informativa e de concienciación para nenos e nenas de 6º de primaria.
O resto do alumnado estiveron traballando os dereitos da infancia nas súas aulas a través do conto: "Tengo derecho a ser niño" da autora Aurelia Fronty.
Se queres saber máis sobre os teus dereitos, ven a sección temática da biblioteca e lee contos sobre eles.
Un saúdo, Superlector.
 

lunes, 17 de noviembre de 2014

TEÑO DEREITO A COMER E BEBER!


O vindeiro xoves 20 de novembro, conmemorando o Día dos dereitos da infancia, a asociación Conrazones de A Guarda en colaboación co CEIP Manuel Rodríguez Sinde levará a cabo unha campaña de recollida de alimnetos baixo o lema: TEÑO DEREITO A COMER E BEBER. Anímate a colaborar!!!

Un saúdo, Superelctor.

lunes, 10 de noviembre de 2014

PDI: A nosa amiga a castaña

Dende Bibliosinde propúxoselle aos alumnos/as de 6º de primaria que fixeran unha pequena investigación sobre a castaña, o castiñeiro e o Magosto para facerlles una exposición ao resto do alumnado con motivo da festa do Magosto que se celebrou no colexio o pasado vernes 7 de novembro. Aquí tedes algunhas fotos da presentación e o powerpoint resultado do seu traballo. Moitísimas grazas a todos/as.







A nosa amiga "A Castaña" 
Un saúdo, Superlector. 

viernes, 7 de noviembre de 2014

POEMA: LAS ESTACIONES

Queremos compartir con todos vos este precioso poema que Daniela de 6º de Primaria escribiu sobre as estacións. Anímate ti tamén a escribir!
                         Las estaciones
El verano se durmió                                                             El invierno está esperando
con su calor abrasador.                                                       con sus vientos agitados
El verano se marchó                                                            con sus rayos y tormentas
y el sol alegre se llevó                                                          a que el otoño le dé el paso.

El otoño despertó                                                                 La primavera está tranquila 
con su llanto de lluvia regresó                                            con sus flores dormidas
y con sus hojas caídas                                                         espera tranquila el turno
a todo el campo cubrió.                                                        del buen tiempo y la alegría
                                                                                                                  Daniela 6º
                       
Un saúdo, Superlector.

martes, 4 de noviembre de 2014

PREMIADO O PROXECTO SOBRE CHUNY VÁZQUEZ


Por iniciativa do EDLG, o curso pasado investigamos no centro sobre a vida e obra da artista guardesa Chuny Vázquez. No primeiro ciclo de primaria coa colaboración da biblioteca do centro traballouse un proxecto sobre a artista guardesa.

No mes de xuño presentamos o proxecto á convocatoria do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares para o impulso do traballo por proxectos.
Na resolución do 3 de novembro desta convocatoria , o noso centro foi premiado por este proxecto. 
PARABÉNS A TODOS/AS!
Deixámosvos aquí algunhas fotos do proxecto gañador:

lunes, 3 de noviembre de 2014

REMATA O SAMAÍN...


Durante toda a semana bruxas, demos, zombis,... visitaron todas as aulas cantando cancións de medo polo Samaín. Tamén traían consigo un agasallo para cada neno/a, una pegatina que puideron decorar ao seu gusto.
 Infantil
1º de Primaria


 2º de Primaria
3º de Primaria
4º de Primaria
5º de Primaria
6º de Primaria






O departamento de Inglés convocou un concurso de cabazas para as familias que foi todo un éxito de participación. Aquí están os gañadores/as cos seus premios.

Durante toda a semana tivemos un caixón cunha morea de contos de medo que podíamos coller na hora de ler.

 

Ademais os nenos e nenas de 6º de infantil disfrazados de bruxos/as, xogaron a facer rimas coa temática da alimentación.


Queremos compartir con vos este libro de rimas que fixeron os buxos e bruxas da clase de 5 anos.

 
 

Un saúdo, Superlector.




lunes, 27 de octubre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro festexamos o Día Internacional da Biblioteca Escolar en Bibliosinde coa posta en marcha das mochilas viaxeiras 2014-2015. Despois dunha primeira toma de contacto no terceiro trimeste do curso pasado e co éxito obtido, este ano arrancamos cun pleno total de mochilas en todos os cursos de infantil e primaria. Pouco a pouco, iremos informando da súa evolución...





Un saúdo, Superlector.

miércoles, 22 de octubre de 2014

BÓTALLE UN VISTAZO AS NOVAS ADQUISICIÓNS!

Un saúdo, Superlector.

REMATAN OS ALMORZOS SAUDABLES NO SINDE...

Gran éxito dos almorzos saudables promovidos pola biblioteca do colexio. Superlector e o Equipo de Biblioteca queren agradecer ao persoal do Sergas, mestres colaboradores e a todo o alumnado a vosa colaboración. Esperamos que poidamos repetir a experiencia en máis ocasións e sobre todo, que se creen bos hábitos alimenticios e de hixene!!!


Almorzo saudable Ed. infantil from BiblioSinde on Vimeo.


ALMORZOS 1º E 2º PRIMARIA from BiblioSinde on Vimeo.


ALMORZO 3-4 PRIMARIA from BiblioSinde on Vimeo.



5º E 6º from BiblioSinde on Vimeo.
Un saúdo, Superlector.

OS MÁIS CATIVOS XA TEÑEN O SEU CARNET

O venres pasado viñeron por primeira vez á biblioteca os nenos e nenas de 3 anos. Despois dun percorrido polas diferentes zonas tiveron que buscar o seu carnet pegado a un globo azul de Superlector.


Un saudo , Superlector.

OS BOLECHAS FELICITAN A BIBLIOSINDE

Hoxe fai un ano que formamos parte do club Os Bolechas dos que recibimos esta felicitación tan agarimos. No enlace de máis abaixo podedes descargar este agasallo que nos enviaron.
Moitas grazas!!!

http://www.osbolechas.com/descargas/agasallo_chispa.pdf

Un saúdo, Superlector.

martes, 21 de octubre de 2014

CANCIÓNS DE MEDO POLO SAMAÍN

Xa falta pouco para que chegue a festa do medo e dende Bibliosinde imos festexalo cantando. Estas son as cancións de medo escollidas.
La bruja loca: Ed. Infantil.
Corre, corre, cabaciña: 1º Primaria.
O rock do Samaín: 2º Ed. Primaria.
A bruxa Maruxa: 3º Primaria.
Los esqueletos: 4º Primaria.
O demiño Rapatín: 5º Primaria.
Mi novio es un zombie: 6º Primaria.
Dende o 27 ao 30 de outubro os diferentes cursos do colexio pasarán polas clases cantando a súa canción aos seus compañeiros. Cada neno/a recibirá un agasallo como troco. 
Non vos perdades os vídeos das cancións despois da festa.


Un saúdo Superlector.

O OUTONO NA SECCIÓN TEMÁTICA

Despois de contos e libros sobre a escola xa están na sección temática libros sobre o outono. Ven a Bibliosinde e bótalle una ollada.



Un saúdo, Superlector.

COMER BEN É SAÚDE

Visita o noso PDI, atoparás libros e contos sobre a alimentación, enfermidades derivadas e o corpo.
Nun dubides en levar calquera exemplar para casa co teu carnet.
Un saúdo, Superlector.

jueves, 9 de octubre de 2014

NOVAS REVISTAS E XORNAIS!!!

Xa podedes disfrutar en Bibliosinde dos novos exemplares das revistas Jugón, Clan, Pelo Pico Pata, Caracola, Reportero Doc,...





 Un saúdo, Superlector.

miércoles, 8 de octubre de 2014

OS NOVOS AXUDANTES DE BIBLIOSINDE

Aquí tedes aos novos/as axudantes de Bibliosinde 2014-2015, non dubidedes en dirixirvos a calquera deles/as se precisas axuda!!!


Axudantes14-15 - Movie Maker

Un saúdo, Superlector.

ALMORZOS SAUDABLES

O próximo mércores, en conmemoración do Día da alimentación, póñense en marcha por primeira vez os "Almorzos saudables" no Sinde. Terán lugar en 4 sesións: xoves 16 para 5º e 6º de primaria, venres 15 para 3º e 4º, luns 20 para o alumnado de Ed. Infantil e o martes 21 para primeiro e segundo de primaria. 
O almorzo de tipo mixto (iogur natural, froita, queixo, fiame ou xamón, pan fresco, mel e froitos secos) será acompañado por unha charla impartida por un técnico en sanidade na que se instrúe aos alumnos/as de cal é a hora apropiada para realizar a primeira comida do día, cales os distintos alimentos que deben e non deben consumir así como os que deben evitar comer con asiduidade, ata os compoñentes de cada alimento e as súas cualidades e funcións dentro do organismo, para rematar co cepillado dos dentes.
Ao final da charla se lles pasa ao alumnado unha guía animada na que aparece un neno/a que non se alimentou ben e as súas consecuencias.



Un saúdo, Superlector.

XA ESTÁN EN MARCHA OS PRIMEIROS LIBROS VIAXEIROS...

Impulsados dende Bibliosinde e coa colaboración das mestras de Ed. Infantil, póñense en marcha os primeiros libros viaxeiros sobre a alimentación. 
E ti que almorzas?: dirixido para as familias de 5º de Ed. Infantil. Nel teñen que plasmar os almorzos de toda a familia para que o chegar ao colexio llo amosen aos seus compañeiros. A finalidade é provocar un diálogo de reflexión sobre os alimentos que inxerimos diariamente, a súa calidade, equilibrio e variedade.
Receitas divertidas: visitas as casas de 6º de Ed. infantil. Nesta ocasión os máis cativos deben elaborar unha receita divertida coa axuda das súas familias y que plasmarán na súa páxina mediante fotos, debuxos e comentarios.
Estade atentos que cando os libros estean completos colgaremos os resultados no blogue.



Un saúdo, Superlector.

viernes, 26 de septiembre de 2014

DEBUXA O TEU ALMORZO

 Debuxa o teu almorzo

En relación co proxecto que se vai traballar no PDI da biblioteca e coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e da actividade física, a Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” destinado a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria. Dende Bibliosinde convidamos aos nenos e nenas destas idades a que fagan un debuxo do seu almorzo!!!
Para máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo 
Un saúdo, Superlector.


jueves, 25 de septiembre de 2014

"MENTE SAN EN CORPO SAN"

Neste novo curso que acabamos de inaugurar, todo o traballo que imos realizar dende Bibliosinde e en colaboración co resto dos equipos de dinamización do centro, xirará ao redor do lema: "Mente san en corpo san". As investigacións, obradoiros, actividades de fomento da lectura,... versarán sobre a alimentación sa no primeiro trimestre, o deporte e o exercicio físico no segundo e sobre a danza e a música no terceiro trimestre .
Estade atentos ao apartado PDI (Proxecto Docimental Integrado) do blogue xa que nel colgaremos todo o que en Bibliosinde vaia acontecedo.

http://www.schoolvoorleiderschap.be/wp-content/uploads/2014/07/mens-sana-in-corpore-sano.png
Un saúdo, Superlector.