Bibliosinde festexa o Día dos dereitos do neno! Un gran mural adorna o PDI de bibliosinde co lema: Teño dereito a comer e beber.
Despois da campaña de recollida de alimentos que terá lugar o próximo xoves, o colectivo Conrazones de A Guarda impartirá unha charla informativa e de concienciación para nenos e nenas de 6º de primaria.
O resto do alumnado estiveron traballando os dereitos da infancia nas súas aulas a través do conto: "Tengo derecho a ser niño" da autora Aurelia Fronty.
Se queres saber máis sobre os teus dereitos, ven a sección temática da biblioteca e lee contos sobre eles.
Un saúdo, Superlector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario