martes, 19 de diciembre de 2017

NOVOS XOGOS NA BIBLIOSINDE

Ola superlectores!
Hoxe vou a ser moi breve para darvos unha última nova moi especial: o Nadal adiantouse na Bibliosinde e tendes á vosa disposición un montón de NOVOS XOGOS educativos para gozar  aprendendo nos recreos!

Un saúdo, Superlector!

miércoles, 13 de diciembre de 2017

QUE PASA NOS RECREOS NA BIBLIOSINDE?

Ola amigos e amigas?Estou intrigado!!!Levo días observando algúns recunchos da Biblio durante os recreos e hai algo diferente...



Nenos e nenas de distintos cursos con bosquexos, ferramentas...


Patróns de disfraces...


   
                    

           Facendo probas de vestimentas...



Que estarán argallando? Sabedes algo? Espero saír pronto de dúbidas...
Mentres tanto, seguirei investigando....

Un saúdo, Superlector!

lunes, 4 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ola superlectores! Onte día 3 de decembro celebrouse o Día Internacinal das Persoas con Discapacidade e no noso cole quisexemos poñer á vosa disposición na sección de novedades unha morea de lecturas animadas sobre o tema e afondar así nas necesidades destas persoas que deben gozar dos mesmos dereitos dos que falabamos hai uns poucos días!



Déixovos cun video e ata a próxima! Superlector.

martes, 21 de noviembre de 2017

CONTACONTOS NO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Ola Superlectores!
Como vos acabo de contar fai uns intres, onte foi o día Universal da Infancia, e en Infantil tivemos a visita especial de Estela, a mamá de André de 3 anos, que viu lernos o conto Rosa Caramelo para conmemorar este día.

Estela falounos do dereito a unha identidade e do dereito a non ser discriminados, que era do que principalmente trataba o conto.

Ademáis todos o nenos e nenas levaron de lembranza para casa a protagonista deste: unha fermosa elefanta!






Ata a próxima Superlectores!

1º APADRIÑAMENTO LECTOR

Ola Superlectores!
Sabedes que día foi onte? Pois nin maís nin menos o Día Universal da Infancia (pincha Aquí)  e no noso cole quixemos festexalo facendo o primeiro apadriñamento lector do ano.
                               
             
Neste acto, que ten lugar cada curso, os cursos superiores apadriñan a un neno ou nena de curso inferiores,e este día na hora de ler son os padriños/madriñas e os seus afillados/afilladas os protagonistas do día ao poñer en práctica nun único acto algúns dos seus dereitos: os primeiros lles len aos outros unha lectura escollida e preparada durante días con moito agarimo e, ademáis, lles fan entrega dun agasaio para desfrutar das lecturas da nosa Terra de Contos.







Marcapáxinas reciclado de agasaio para todos os afillados e afilladas


Un saúdo, Superlector!


martes, 7 de noviembre de 2017

NOVIDADES DE GLORIA FUERTES

Ola Superlectores!
Hoxe vos traio unha nova que vos vai a aledar moitísimo!
Tendes á vosa dixposión na sección de novidades da Bibliosinde un montón de novas lecturas dunha das nosas, das grandes: de GLORIA FUERTES!
Así que animádevos para pasar un bo momento lendo poesía, teatro, contos, e ata multiplicar en verso...





Un saúdo, Superlector.

viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola Superlectores!
O pasado día 24 de outubro festexamos o día Internacional das Bibliotecas Escolares na nosa Bibliosinde da mellor maneira posible e con algo que ansiábades todos e todas: a posta en marcha das mochilas viaxeiras!

O acto tivo lugar na hora de ler onde todos nós compartimos un agradable momento e onde todos e todas fomos agasaiados cunha pegatina moi especial que nos acompañará todo o curso e que aparece aquí embaixo!
Desfrutade da lectura das mochilas: nenos, nenas, nais, pais, avós, avoas... E non esquezades que son parte de toda a comunidade escolar, así que facede bo uso delas.













                                    Pegatina Bibliosinde 17-18

Un saúdo, Superlector!

miércoles, 18 de octubre de 2017

SAMAÍN EN BIBLIOSINDE

Moi boas Superlectores! Informo de que xa tendes á vosa disposición a sección temática do Samaín e outono na nosa Biblio.
Durante os recreos poderedes desfrutar de entretidas lecturas e aprender moitísimo desta época do ano na que as nosas paisaxes tínguense de bonitas cores.




Recuncho de Samaín





                                    Recuncho do outono


Que teñades terroríficas lecturas!
Un saúdo, Superlector!

FORMACIÓN DOS SUPERLECTORES

Xa estou aquí de novo para informarvos que os recreos volven ser como a min me gustan: a BiblioSinde cun montón de superlectores ó meu arredor.
Durante as pasadas semanas tódolos cursos, dende infantil ata sexto de primaria, recibiron a formación de usuarios como cada ano para lembrar o uso e funcionamento deste espazo común tan enriquecedor.
Cada curso, para poder recibir esta formación, tivo que facer entrega dun compromiso de bo uso firmado por todos os superlectores de cada un deles.
                                          Alumnos de 3 anos


Alumnos de 4 anos

Alumnos de 5 anos

 Alumnos de 3ºP  e 4ºP                         Alumnos de 1ºP e 2ºP





Aquí, os cursos de 5º e 6º de Primaria recibindo a formación e facendo entraga do seu compromiso e da miña silueta ben colorida.






Ademáis, cada curso entregou tamén o perfil coloreado no que eu apareczo para expoñelo conxuntamente no punto de información deste ano, como podedes ver aquí embaixo.






A disfrutar con esta TERRA DE CONTOS e ata a próxima.
Un saúdo, Superlector!

martes, 17 de octubre de 2017

INAUGURACIÓN BIBLIOSINDE CURSO 17-18

Ola superlectores! Onte día 2 de outubro tivo lugar o acto de inauguración da nosa Bibliosinde baixo o lema "Terra de Contos". Éste vai volver a ser un ano moi especial para todos nós e, sobre todo, para todo o que nos arrodea, de momento ata aquí podo contar!Estade atentos e atentas ás novidades, Superlectores!
Para dar comezo a este curso, como novidade, a profe Isa presentounos onte un libro moi especial que vai viaxar por tódalas aulas do noso centro: trátase da historia de Xan e Xiana, dous nenos que se atopan no seu camiño cunha lata vella, pero... o conto está sen rematar!Por iso ten que viaxar dende 3 anos de infantil ata 6º de primaria para que as cabeciñas tan enriquecidas de todos os Superlectores do Sinde contribúan a darlle un bo nó e un boísimo desenlace á historia destes tres protagonistas.












Ademáis, onte tamén fixéronse entrega dos carneis a aqueles novos usuarios da Bibliosinde, alumnos e mestres.


E por último, e non por elo menos importante, presentouse aos novos colaboradores de Bilbliosinde deste curso, que son tódolos alumnos de 6º de primaria, que van a estar a vosa enteira disposición tódolos recreos durante o curso,para que o uso e funcionamento deste espazo común tan enriquecedor funcione axeitadamente.


Aquí embaixo os podedes ver días previos durante a súa formación:












Sen máis pola miña banda,despídome ata a próxima, non sen antes desexarvos un feliz curso cheo de contos e aventuras.


Un saúdo, Superlector!

martes, 26 de septiembre de 2017

SUSA HERRERA VISITA BIBLIOSINDE

Comezamos o curso en Bibliosinde coa visita dunha das grandes da música infantil galega. Susa Herrera  presentounos o seu novo traballo "Cantos animais".




Pasámolo xenial cantando e bailando as súas cancións!








Volve cando queiras Susa!

Un saúdo Superlector!