Sabedes que día foi onte? Pois nin maís nin menos o Día Universal da Infancia (pincha Aquí) e no noso cole quixemos festexalo facendo o primeiro apadriñamento lector do ano.
Neste acto, que ten lugar cada curso, os cursos superiores apadriñan a un neno ou nena de curso inferiores,e este día na hora de ler son os padriños/madriñas e os seus afillados/afilladas os protagonistas do día ao poñer en práctica nun único acto algúns dos seus dereitos: os primeiros lles len aos outros unha lectura escollida e preparada durante días con moito agarimo e, ademáis, lles fan entrega dun agasaio para desfrutar das lecturas da nosa Terra de Contos.
Marcapáxinas reciclado de agasaio para todos os afillados e afilladas
Un saúdo, Superlector!
No hay comentarios:
Publicar un comentario