viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola Superlectores!
O pasado día 24 de outobro festexamos o día Internacional das Bibliotecas Escolares na nosa Bibliosinde da mellor maneira posible e con algo que ansiábades todos e todas: a posta en marcha das mochilas viaxeiras!

O acto tivo lugar na hora de ler onde todos nós compartimos un agradable momento e onde todos e todas fomos agasaiados cunha pegatina moi especial que nos acompañará todo o curso e que aparece aquí embaixo!
Desfrutade da lectura das mochilas: nenos, nenas, nais, pais, avós, avoas... E non esquezades que son parte de toda a comunidade escolar, así que facede bo uso delas.













                                    Pegatina Bibliosinde 17-18

Un saúdo, Superlector!

No hay comentarios:

Publicar un comentario