O pasado venres 15 de febreiro celebrouse o Día Internacional do Cancro Infantil: día que ten como obxectivos sensibilizar e concienciar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, as nenas, e adolescentes e as súas familias; así como da necesidade de que a infancia en calquer lugar do mundo teña acceso a un diagnóstico e tratamento precisos e a tempo!
O Sinde, coma outros moitísimos centros de toda España, colaborou coa asociación Bicos de Papel, unha asociación que ten a razón de ser na axuda prestada aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro: entre todos representamos o gran lazo dourado que representa ao Cancro Infantil.
E as nosas compañeiras de sexto, Esther, Tania e Claudia leron ante a atenta mirada de alumnos e mestres un manifesto moi emotivo, pechado cunha
sinxela mensaxe: PORQUE XUNTOS SUMANOS!
Un saúdo, Superlector!
No hay comentarios:
Publicar un comentario