miércoles, 7 de febrero de 2018

INVESTIGANDO EN BIBLIOSINDE

Ola Superlectores! Como vos dixen hai uns días, o pasado 30 de xaneiro festexamos o Día da Paz, e entre os traballos que se fixeron no noso cole, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron visitando a Bibliosinde para facer uns traballos de investigación sobre personalidades moi importantes relacionadas co tema.

Ao finalizar, expuxeron os seus traballos en forma de carteis, que os podedes mirar polos corredores do cole, e así saber algo máis sobre Teresa de Calcuta, Gandhi, Malala, Ana Frank, Nelson Mandela e Martin Luther King!
























Encantoume servos de gran axuda nas vosas investigacións, nenos e nenas !
Un saúdo, Superlector!

No hay comentarios:

Publicar un comentario