Este curso estou tendo un montón de visitas con motivo das vosas investigacións.
Neste caso foron os nenos e nenas de 1º de Primaria os que tiveron que atopar uns libros moi interesantes sobre "a auga" para poder facer os seus traballos, e o fixeron moi ben!
Despois de explicarlles a súa mestra Isa a importancia do tejuelo (etiqueta) que hai no canto de tódolos libros de Bibliosinde, estes, organizados por equipos e cunha pouquiña de axuda, atoparon os seus libros e deseguido puxéronse mans á obra!
Foi unha delicia observar como se repartían as tarefas, como ían aprendendo desta primeira experiencia, como, con ou sen axuda, solucionaron os pequenos conflitos que ían xurdindo...
Todos e todas quedaron con moitas gañas de volver a visitarme para facer este tipo de actividades!
Un saúdo, Superlector!
No hay comentarios:
Publicar un comentario