martes, 21 de octubre de 2014

CANCIÓNS DE MEDO POLO SAMAÍN

Xa falta pouco para que chegue a festa do medo e dende Bibliosinde imos festexalo cantando. Estas son as cancións de medo escollidas.
La bruja loca: Ed. Infantil.
Corre, corre, cabaciña: 1º Primaria.
O rock do Samaín: 2º Ed. Primaria.
A bruxa Maruxa: 3º Primaria.
Los esqueletos: 4º Primaria.
O demiño Rapatín: 5º Primaria.
Mi novio es un zombie: 6º Primaria.
Dende o 27 ao 30 de outubro os diferentes cursos do colexio pasarán polas clases cantando a súa canción aos seus compañeiros. Cada neno/a recibirá un agasallo como troco. 
Non vos perdades os vídeos das cancións despois da festa.


Un saúdo Superlector.

O OUTONO NA SECCIÓN TEMÁTICA

Despois de contos e libros sobre a escola xa están na sección temática libros sobre o outono. Ven a Bibliosinde e bótalle una ollada.



Un saúdo, Superlector.

COMER BEN É SAÚDE

Visita o noso PDI, atoparás libros e contos sobre a alimentación, enfermidades derivadas e o corpo.
Nun dubides en levar calquera exemplar para casa co teu carnet.
Un saúdo, Superlector.

jueves, 9 de octubre de 2014

NOVAS REVISTAS E XORNAIS!!!

Xa podedes disfrutar en Bibliosinde dos novos exemplares das revistas Jugón, Clan, Pelo Pico Pata, Caracola, Reportero Doc,...





 Un saúdo, Superlector.

miércoles, 8 de octubre de 2014

OS NOVOS AXUDANTES DE BIBLIOSINDE

Aquí tedes aos novos/as axudantes de Bibliosinde 2014-2015, non dubidedes en dirixirvos a calquera deles/as se precisas axuda!!!


Axudantes14-15 - Movie Maker

Un saúdo, Superlector.

ALMORZOS SAUDABLES

O próximo mércores, en conmemoración do Día da alimentación, póñense en marcha por primeira vez os "Almorzos saudables" no Sinde. Terán lugar en 4 sesións: xoves 16 para 5º e 6º de primaria, venres 15 para 3º e 4º, luns 20 para o alumnado de Ed. Infantil e o martes 21 para primeiro e segundo de primaria. 
O almorzo de tipo mixto (iogur natural, froita, queixo, fiame ou xamón, pan fresco, mel e froitos secos) será acompañado por unha charla impartida por un técnico en sanidade na que se instrúe aos alumnos/as de cal é a hora apropiada para realizar a primeira comida do día, cales os distintos alimentos que deben e non deben consumir así como os que deben evitar comer con asiduidade, ata os compoñentes de cada alimento e as súas cualidades e funcións dentro do organismo, para rematar co cepillado dos dentes.
Ao final da charla se lles pasa ao alumnado unha guía animada na que aparece un neno/a que non se alimentou ben e as súas consecuencias.



Un saúdo, Superlector.

XA ESTÁN EN MARCHA OS PRIMEIROS LIBROS VIAXEIROS...

Impulsados dende Bibliosinde e coa colaboración das mestras de Ed. Infantil, póñense en marcha os primeiros libros viaxeiros sobre a alimentación. 
E ti que almorzas?: dirixido para as familias de 5º de Ed. Infantil. Nel teñen que plasmar os almorzos de toda a familia para que o chegar ao colexio llo amosen aos seus compañeiros. A finalidade é provocar un diálogo de reflexión sobre os alimentos que inxerimos diariamente, a súa calidade, equilibrio e variedade.
Receitas divertidas: visitas as casas de 6º de Ed. infantil. Nesta ocasión os máis cativos deben elaborar unha receita divertida coa axuda das súas familias y que plasmarán na súa páxina mediante fotos, debuxos e comentarios.
Estade atentos que cando os libros estean completos colgaremos os resultados no blogue.



Un saúdo, Superlector.