miércoles, 16 de octubre de 2019

RECORDANDO AS MORMAS E O FUNCIONAMENTO DA BIBLIO....

Durante estes días, todos volvestes a Bibliosinde cos vosos titores/as co obxectivo de "refrescar "as normas e o funcionamento da Biblioteca. Deste xeito, o uso diario de contos, libros, xogos, ordenadores,.. será mais sinxelo para todos/as. Aquí podemos ver unha foto do alumnado de 3º de primaria moi atento ás explicacións da súa titora.


Aproivetando esta visita, entregastes asinado o voso compromiso de uso de Bibliosinde que colocamos nun lugar central e destacado para que o teñades sempre presente. 

    




Un saúdo, Superlector.

miércoles, 2 de octubre de 2019

COMEZAMOS DE NOVO!

Chegou o gran día! Bibliosinde abre as súas portas un curso máis. Mergúlladevos con Superlector nesta nova aventura que comezou no día de onte.
No acto de inauguración presentamos o novo DPI ao que chamamos: "MERGÚLLATE NO MAR". Convidámosvos a viaxar a través do mar e coñecer historias, animais mariños, barcos, profesións, comidas,... relacionados co mar.
Entregamos os carnés ao novo alumnado e profesorado.
Repartimos os "Compromisos de uso de Bibliosinde" para que os asinedes todos/as!!!
E para rematar, presentamos aos novos axudantes da biblioteca! Gracias a todos/as por querer participar nesta importante labor.
Xa sabedes, a partir de hoxe mesmo, Bibliosinde está a vosa disposición! Podedes vir a ler, xogar, buscar información, levar películas, ...
Mirámonos pronto!
Un saúdo, Superlector.

martes, 4 de junio de 2019

PECHE DE BIBLIOSINDE

Hoxe 3 de Xuño pechamos Bibliosinde e  despedimos a os nosos axudantes de este curso cun pequeno agasallo pola súa colaboración.









Moitas grazas axudantes!!!!!!!






E para todos es demais pasade un bo verán e vémonos o vindeiro curso.

Un saúdo Superlector.

lunes, 27 de mayo de 2019

ESPAZO CREATIVO NA BIBLIO

O recuncho de manualidades dos patios en Bibliosinde ten moita afluencia, os encargados tiveron que ata facer 3 quendas.

Aquí tedes unha mostra da actividades nos recreos...




AVALIAMOS A BIBLIOTECA

2º APADRIÑAMENTO LECTOR DO CURSO

O  2 de Maio é o día  contra o acoso. En Bibliosinde dicimos que "Ante o acoso unha boa convivencia" e para mostra o 2º apadriñamento lector de este curso.



Tardou en chegar como o bo tempo. 
TODO UN ÉXITO!!!

lunes, 13 de mayo de 2019

VISITA DE IAGO LÓPEZ

O luns 6 de Maio tivemos a a visita de Iago López autor do libro       " O cociñeiro Martiño" o libro escollido para ler  conxuntamente en 1º e 2º de Primaria nestre trimestre.


Unha pequena mostra do ben que o pasaron...