viernes, 26 de septiembre de 2014

DEBUXA O TEU ALMORZO

 Debuxa o teu almorzo

En relación co proxecto que se vai traballar no PDI da biblioteca e coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e da actividade física, a Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” destinado a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria. Dende Bibliosinde convidamos aos nenos e nenas destas idades a que fagan un debuxo do seu almorzo!!!
Para máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo 
Un saúdo, Superlector.


jueves, 25 de septiembre de 2014

"MENTE SAN EN CORPO SAN"

Neste novo curso que acabamos de inaugurar, todo o traballo que imos realizar dende Bibliosinde e en colaboración co resto dos equipos de dinamización do centro, xirará ao redor do lema: "Mente san en corpo san". As investigacións, obradoiros, actividades de fomento da lectura,... versarán sobre a alimentación sa no primeiro trimestre, o deporte e o exercicio físico no segundo e sobre a danza e a música no terceiro trimestre .
Estade atentos ao apartado PDI (Proxecto Docimental Integrado) do blogue xa que nel colgaremos todo o que en Bibliosinde vaia acontecedo.

http://www.schoolvoorleiderschap.be/wp-content/uploads/2014/07/mens-sana-in-corpore-sano.png
Un saúdo, Superlector.

viernes, 19 de septiembre de 2014

RECORDANDO AS NORMAS DE USO...

Durante toda esta semana os diferentes ciclos do colexio pasaron por Bibliosinde para levar a cabo diferentes sesións de formación de usuarios. Non o esquezades, a biblioteca é de todos/as e para todos/as!!!. Debemos coidala e respectala.


Un saúdo, Superlector.

BIBLIOSINDE ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS

O pasado venres día 10 de setembro tivo lugar en Bibliosinde unha pequena cerimonia de inauguración do curso 2014-2015. Dende este luns toda a comunidade educativa ten a súa disposición a nosa biblioteca, no tempo do recreo e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas. Aquí tedes algunhas fotos do momento e da sinatura dun contrato de compromisos por parte de todo o alumnado.


                                                                                                 Un saúdo, Superlector.

viernes, 20 de junio de 2014

CHEGA O VERÁN

Xa cheira a verán!!! 
 E con el moito tempo para ler, xas sabes cal vai ser o teu primeiro libro??? Pódesmo contar nos comentarios e recomendarlle algunha lectura ós teus compañeiros. 
A disfrutar!!!! 
 E recorda que en setembro estaremos de volta con moitas novidades. 

Un saúdo SuperLector

Imaxe de Mónica Carretero

miércoles, 18 de junio de 2014

Os SuperLectores de BiblioSinde

Aquí están os SuperLectores de BiblioSinde de este curso que xa remata.
Graciñas a todos/as!!!
A disfrutar do verán.
Un saúdo SuperLector


CONTACONTOS E OBRADOIROS DE MANUALIDADES


Bos días navegantes, aquí vos deixo as fotos do Contacontos do xoves e dos obradoiros de manualidades.
Que ben o pasamos!!!!
Graciñas por vir, e agora a disfrutar das vacacións!!!!
Un saúdo SuperLector