miércoles, 18 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA ESTES DÍAS DE PECHE

Estes días de peche na casa imos precisar moita paciencia, moita creatividade pero sobre todo... MOITO HUMOR! 

Dende O Salón Do Libro de Pontevedra adicado este ano ao Humor  inauguran dende hoxe o Salón Virtual onde poderedes ver algunas das propostas que estaban programadas e moitas novas, creadas á mantenta para levarmos, da mellor maneira, estes días de peche.

Este é ORBIL a  súa mascota

Se queredes facer o monicreque tedes aquí as instruccións.

ORBIL BAILADOR
Propoñévosvos un reto!
Imos a facer o noso propio boneco de Orbil con movemento.
Vai ser moi sinxelo, xa veredes, farémola con materiais que temos por casa!!!!!!
(que remedio, non podemos saír )
MATERIAIS:


1. Cartolina branca (ou folio no seu defecto)
2. Tesoiras
3. Ceras de cores
4. Rotulador negro
5. Arame de atar os paquetes de pan de molde
6. Punzón (ou no seu defecto as puntas dunha tesoira ou lapis ben afiado. Iso na compañía dunha persoa adulta ollo!)
7. Cola de barra ou de dobre cara
PASOS:

1. Comezaremos coloreando as partes do corpo de Orbil
2. Seguimos recortando as partes do corpo do noso lobo favorito
3. Con respecto ao pescozo, pegaremos a puntiña de arriba do mesmo xunto coa parte superior da boca, por detrás. Isto facémolo para que a cabeza tamén poida ter mobilidade.
4. Unha vez todo recortado perforaremos co punzón (coa compañía dunha persoa adulta) onde se indica cos puntos negros. Haberá un punto negro nas partes móbiles (patas, brazos, pescozo e rabo) e na parte fixa do corpo, xa que teñen que encaixar unha noutra.
5. Cortaremos anacos pequenos de arame de pan de molde, dobrámolo pola metade e metemos os anacos polo buraco feito co punzón, encaixando as partes móbiles co corpo do lobo.
6. Tachán! Xa temos o noso Orbil bailador!!!!!


 Atrevédevos co noso Superlector?




No hay comentarios:

Publicar un comentario